O resto é céu / Guantanamera
As poetas Silvia Penas e Samuel Merino presentarán o mércores 30 de marzo ás 20:30h os seus respectivos poemarios: O resto é céu e Guantanamera. Poema nun só acto, editados por Urutau. As dúas voces poéticas teñen moito en común pois ambas acostuman moverse entre a poesía escénica e o teatro e xogan coa incorporación da palabra poética ao corpo a través da voz. En Guantanamera Samuel Merino bota man da escrita por non poder dar conta do acontecemento, da vivencia, da pulsión dos corpos vivos, precarios, inseguros, loitando contra a hostilidade do mundo.

