Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Presentación do libro: "El autismo según Sheldon Cooper"

A Biblioteca cede as súas instalacións para a presentación do libro "El autismo según Sheldon Cooper" do autor Arturo López Fernández. Arturo é psicólogo en Autismo Ávila e contaranos o porqué deste libro e a súa importancia. Na presentación estará acompañado por Antía Bacelo, usuaria asidua da nosa biblioteca, enfermeira e amante dos libros e autista, colaborará coa presentación dun dos libros que lle axudaron descubrir o seu verdadeiro eu.

Lugar: salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Peza do mes: POTE. MODELO Nº5

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 12 de abril ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Ana María Malingre Rodríguez.

Galego

Sangre de horchata

Con ritmo de comedia e alento de drama, a escritora Luisa Castro tece unha novela sobre a ruptura dunha familia e sobre iso que nunca saberemos dos demais, o que sucede a porta pechada. Sangue de horchata conta a historia de Belén, unha moza de dezaseis anos que vive nunha casa de tolos. O seu pai, xa moi maior e en cadeira de rodas, insiste en empezar a organizar a enorme herdanza que lle corresponde. O seu irmán parece saber cousas que a ela lle oculta.

Galego

La isla del Trisquel

Gústache a intriga? E as novelas policiacas?. 

Tras a publicación da súa primeira novela: "Caléndulas" regresa coa súa nova novela "La isla del Trisquel", unha historia intrigante coa que atrapa aos lectores e lectoras nunha atmósfera perturbadora, hipnótica e irresistible que non deixa indiferente a ninguén.

Queres saber como? Pois non perdas a oportunidade de sabelo de primeira man co propio autor.

Galego

Al compás del Voodoo (religión, represión y música)

Nunha época de represión e intolerancia, a Luisiana vivía afastada e esquecida polas metrópoles coloniais. Esta laxitud foi o caldo de cultivo para a aparición do vudú, do hoodoo, do Mardi Gras?

Que tiveron en común a raíña do vudú e a Inquisición? Quen instigaron as revoltas de escravos? Como de importante foi a influencia haitiana no hoodoo? Canto lle debe o jazz á época colonial?

Galego

Presentación do libro "A muller xabaril"

A biblioteca cede o espazo para a presentación do libro "A muller xabaril" de Fina Casalderrey. A autora estará acompañada por Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Xavier Senín, tradutor e académico correspondente, e polo director de Xerais, Fran Alonso.

O acto contará con actuacións musicais de Xacobe Medina, Iker Faure, Noemi Fernández, Lorena Varela Guzmán (piano) e Judith Rey Iglesias (frauta).

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Presentación do libro “Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída"

A biblioteca cede o espazo para a presentación do libro “Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída" elaborado polo xornalista Joel R. Gômez e publicado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPITt-CSIC) e a editora Companha, dentro da colección de divulgación “Anaina” do INCIPIT-CSIC.

O volume ten a Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero como editoras científicas, dúas investigadoras cunha longa traxectoria no traballo co patrimonio e a cultura e que acompañarán o autor no acto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación