Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Peza do mes: ONCE PUNTAS DE FRECHA DO TÚMULO M5 DE OUTEIRO DE CAVALADRE (MUÍÑOS, OURENSE)

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 10 de maio ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de José Mª Eguileta Franco.

O Outeiro de Cavaladre, lugar situado no val de Salas, acolle unha necrópole formada por catorce monumentos megalíticos.

Galego

Emilia Pardo Bazán: Xornalismo e Marineda

A publicación recolle unha selección de textos de Emilia Pardo Bazán sobre Marineda na prensa periódica.

A presentación correrá a cargo de Anxo Lorenzo, director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Doda Vázquez, presidenta da Asociación da Prensa de A Coruña, Xulia Santiso, editora literaria e conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

A presentación terá lugar na sede da Fundación Luís Seoane, na Rúa San Francisco, 27.

Galego

Dibujo, luego pienso

Todas as personas somos creativas, pero é algo que debemos entrenar, como se fose un deporte. Javirroyo invitanos en Dibujo, luego pienso (Lumen) a exercitar o cerebro e a aprender a pensar e a escribir a través do debuxo e os esquemas no seu ximnasio de ideas. Con el perderás o medo á páxina en branco e sairás da túa zona de confort, lograrás simplificar o complexo e, en definitiva, poderás vivir unha vida chea de creatividade e sen restriccións.

Galego

NOVIDADES NA BIBLIOTECA do Museo das Peregrinacións e de Santiago

O día 23, a biblioteda do Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta as novidades de publicacións nas redes sociais.  

Para isto fixo unha pequena selección das máis demandadas cunha breve reseña para que as coñezades máis a fondo. Hai libros de peregrinacións, de museos, de historia e arte, da cidade de Santiago... https://issuu.com/bibliotecamdps/docs/novopdf

Galego

CENTRO DE INTERESE ALFONSO SUCASAS NA BIBLIOTECA

O Museo das Peregrinacións e de Santiago realizará unha presentación nas redes sociais do centro de interese “Alfonso Sucasas”. Na biblioteca do museo fixemos unha pequena mostra dos libros que temos sobre este pintor, que expón actualmente no museo (Sucasas. Camiño e mitoloxía)

Sucasas é un pintor galego (Goiás, Lalín 1940 – Ferreirós, Vila de Cruces 2012) cuxa vida transcorreu entre Galicia, Madrid, Venezuela e Brasil, lugares onde se foi fraguando a súa concepción da pintura.

Galego

Presentación do libro: "El autismo según Sheldon Cooper"

A Biblioteca cede as súas instalacións para a presentación do libro "El autismo según Sheldon Cooper" do autor Arturo López Fernández. Arturo é psicólogo en Autismo Ávila e contaranos o porqué deste libro e a súa importancia. Na presentación estará acompañado por Antía Bacelo, usuaria asidua da nosa biblioteca, enfermeira e amante dos libros e autista, colaborará coa presentación dun dos libros que lle axudaron descubrir o seu verdadeiro eu.

Lugar: salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación