Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Peza do mes: Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O Territorio

A presentación terá lugar o 13 de decembro na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

De xeito especial, o Museo, en vez de escoller algunha peza de entre os seus fondos para singularizala, neste mes de decembro, ao través dunha magnífica síntese, faise unha explicación e percorrido polo seu novo proxecto museográfico, centrándose nunha das súas Áreas Temáticas.

Tras varios anos, arranca a tan necesaria renovación do museo, mellorando as condicións de exposición, conservación e divulgación dos bens que custodia.

Galego

Collective Acces: ferramenta para a catalogación Museo da Conserva

O Museo da Industria Conserveira ANFACO convida á xornada técnica para profesionais de museos para a presentación en formato presencial e webinar do resultado da “II Fase documentación e accesibilidade as coleccións dos museos da Rede Rema : Catalogación da colección do museo ANFACO”, proxecto beneficiario das axudas destinadas a centros museísticos da comunidade galega.

Galego

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o último trimestre de 2023.

O programa inclúe información sobre:

Exposicións temporais "Ancestros tecnolóxicos" e "O Nadal na tradición"

Actividades cíclicas: Celebración do Samaín e Celebración do Nadal

Actividades especiais: "Os sons do traballo", "Mariano Marcos Abalo: a vida debuxada", "Enigma", "Internal, a viaxe no MListe" e "Guía de singraduras: gardando a Ría",

Galego

Presentación do libro "Alta mar, mar aberta" de Alberto González-Garcés Santiso

Alberto González-Garcés Santiso presenta o seu libro "Alta mar, mar aberta”, un poemario en galego que se mergulla no seu carácter máis íntimo e sentimental. O libro é unha autobiografía poética, que ao lado das idas e vidas polas que os labores e os sucesos o foron levando, non faltan os aspectos dolorosos da existencia. E, ao lado da fiel e sentida homenaxe á súa familia, non deixa de xurdir a preocupación pola morte e o paso inexorable do tempo: os temas de hoxe e de sempre na condición humana.

Galego

Peza do mes: Molde de fundición. Castro de Castromao

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor. A presentación terá lugar na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación