Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Encontro VIP arredor de “Sentinelas” (tomos 1 e 2), no Salón do Libro de Pontevedra

Andrés Castro (guionista) e Alexendre Senande (debuxante) protagonizan este faladoiro sobre "Sentinelas da Lúa Carmesí" e a súa continuación, titulada "Sentinelas no limiar das tebras", no que desvelarán a Eva Mejuto e ás persoas asistentes moitos dos segredos que agocha esta saga de cómics de aventuras e fantasía que bebe da mitoloxía galega e que naceu dun proxecto audiovisual.

Galego

Presentación do libro 'Los exvotos en Galicia'

O xoves 12, ás 20:00 horas, presentarase na sala de exposicións de San Francisco «Escolma de Escultura» o libro «Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular: de la cera a los cuadros votivos», de José Fuentes Alende. No acto participarán o autor, xunto con José Carlos Sierra Rodríguez, ex director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e José César Llana Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Galego

Sentinelas da Lúa Carmesí

Dentro da programación do Festival de Banda Deseñada "BDra Gráfica" de Pontevedra, Sentinelas da Lúa Carmesí inaugura as xornadas de presentacións dos autores e autoras convidadas. Acompañando aos autores estará Marcos Calveiro, Director de Edicións da Editorial Galaxia, e presenta Kiko da Silva. Ao remate da presentación haberá unha sesión de sinaturas.

Galego

Peza do mes: Romaría de San Vitoiro

A presentación pública terá lugar o 8 de abril, mércores ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo documental, coa fotografía etnográfica) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Galego

Presentación do libro "1140"

Cunha prosa intensa e evocadora, María José Tardáguila Sánchez transpórtanos ao Camiño de Santiago do século XII, onde peregrinos, cabaleiros templarios e habitantes locais enfróntanse a desafíos, perigos e á busca da redención nunha era de fe e misterio. Ao mesmo tempo, ábrenos o seu corazón nun conmovedor testemuño sobre a dor, explorando o amor incondicional, o baleiro da ausencia e a loita contra o tempo e o destino.

1140 é unha viaxe de emocións, unha homenaxe aos que amamos e unha reflexión sobre como a memoria e a historia nos manteñen vivos máis alá da morte.

Galego

Presentación de libros

Preséntase, por unha banda, "La huella ballenera en el norte de la Península Ibérica". Contido moi ligado ao Museo Massó, o autor, Álex Aguilar, presenta esta obra que é a súa vez unha introdución á historia do noso pasado baleeiro, e unha guía para percorrer cunha nova mirada os lugares nos que deixou a súa pegada.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación