Dinamitadas, el despertar de la ironía
Trátase dun libro de viñetas cuxa protagonista é Dina Mita, unha nena de 9 anos irónica e irreverente que mira con ollo inxenuos, á vez que críticos, a sociedade na que vivimos.

Trátase dun libro de viñetas cuxa protagonista é Dina Mita, unha nena de 9 anos irónica e irreverente que mira con ollo inxenuos, á vez que críticos, a sociedade na que vivimos.
Jaime Burque leva practicando a filmoterapia dende 2004 na súa consulta de A Coruña. Incorpora o cine como ferramenta para chegar á esencia dos problemas das persoas pacientes. Longametraxes coma Qué bello es vivir, Billy Elliot ou Gran Torino convértense en aliados para entrar na mente da persoa.
A biblioteca cede o espazo a Luis Vallecillo e Celtia Figueiras para a presentación da nova editorial Guindastre, que ten como obxectivos o público familiar, a formación en valores inclusivos e o fomento da lectura.
A continuación, nunha actuación dan a coñecer os seus dous primeiros títulos, Cantamos? e U-la Lúa?.
No salón de actos. Entrada libre ata completar capacidade da sala.
Este venres ás 20:15 h, terá lugar no Café Cercano de Ourense (rúa Cardeal Quevedo nº 20) a presentación do libro Camino de Santiago. Guion para una película, de Ramón Otero Pedrayo.
O guión foi un encargo de José Rodríguez de Vicente para a produtora Suevia Films, de Cesáreo González. O autor traballou no guión no outono de 1952, e estaba previsto iniciar a rodaxe en abril de 1953 baixo a revisión de Juan de Orduña, co obxecto de ter listo o filme para o Ano Santo de 1954. O filme non chegou a rodarse, posiblemente polas dificultades técnicas para levalo a cabo.
O poeta Luís Valle presenta o seu libro Para que eu beba, editado a finais de 2017 pola editorial Barbantesa.
"Unha voz lírica celebra, nestes poemas-menhir, ritos de vida e de morte, enxuga a lingua e entréganos a palabra esencial: luz, auga, pedra, paxaro".
Co gallo dos actos relacionados coa campaña contra a violecia de xénero, a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán promove un acto presentado por Nilo Casares no cal veremos a autora Jana Leno coa súa desgarradora obra Violación Nueva York.
A Biblioteca Rego da Balsa acolle a presentación de As mans da terra, novela de Laura Rey Pasandín. A novela é unha homenaxe ao mundo labrego e, sobre todo, ao mundo das mulleres do rural para poñer en valor o seu traballo e recuperar a súa memoria cotiá.
Entrada libre ata completar capacidade
Presentación do libro O cofre de Rande de Pablo Quinteiro.
Presentación da obra Caderno de campo das illas Cíes co seu autor José Arcas. Unha obra que pon en valor o carácter único da flora e a fauna das illas a fin de promover o respecto á contorna desta paraxe e desfrutala desde unha perspectiva artística. Catro rutas polas illas Cíes guiadas polas ilustracións que crea en lapis e acuarela o artista José Arcas e coas paixases sonoras do arquivo de Carlos Suárez. Para todos os públicos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Tamén se presentará a obra O libro dos oceános de Esther Gonstalla.
Tres editoriais acaban de publicar en galego tres obras de Stefan Zweig, as tres cruciais na traxectoria do escritor, un dos máis populares da literatura europea de Entreguerras. Novela de xadrez (Irmás Cartoné), A impaciencia do corazón (Hugin e Munin) e Momentos estelares da humanidade (Kalandraka) serán presentadas nun evento en Numax.