Setras
Presentación de Setras, de Berio Molina, coa presenza do autor, Berio Molina. Setras recibiu o Premio Especial do Xurado nos Puchi Awards 2017, proxecto internacional de Fulgencio Pimentel e La Casa Encendida que busca premiar as propostas de libro máis brillantes e anovadoras.
A obra pode definirse como un estudo sobre o son que emana do acto de escribir: un tratado sobre a acción sonora da caligrafía.

