Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Documentos singulares no AHP Lugo

Presentación dunha nova achega de serie Documentos singulares. O documento é a resposta que ofrece o mestre da Escola Nacional Mixta da Ermida, parroquia do Chao de Fabeiro en Monforte de Lemos e situada no lugar de Porto de Lobos á circular da Sección Administrativa de Primeiro Ensino de Lugo de 16 de xaneiro de 1943 que ordenaba ás Xuntas Municipais de Primeiro Ensino a remisión urxente de datos das escolas de cada municipio.

Galego

Depósito do arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago

O Arquivo de Galicia é o arquivo intermedio e histórico do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia ao que corresponde, entre outras funcións, recibir por transferencia os documentos dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades dependentes cun ámbito territorial superior a unha provincia. Pero tamén recibir por doazón, legado, depósito ou compra calquera fondo de carácter público ou privado e ámbito galego que, por formar parte do patrimonio documental de Galicia se acorde depositar nel para facilitar a súa conservación e difusión.

Galego

Sinfonía en París I: tres mujeres y un amor

A autora, con formación en música e concertista de profesión, é colaboradora habitual en blogs e publicacións especializadas en literatura. Tamén ten participado en distintos concursos literarios e incluso abordou o mundo da poesía.

No campo da novela a súa ópera prima El visitante nocturno foi publicada hai dous anos e no ano 2015 editouse a súa obra 8 días en Roma, enmarcada na ficción romance. 

Galego

¿A que altura está o ceo?

Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia:  Este libro vai aportar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.
Escrito polo Físico e Catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago, o baiés Jorge Mira, en colaboración con María Canosa e ilustrado por Dani Padrón.

Galego

Día da Ilustración - Novas olladas sobre os clásicos universais

A biblioteca acolle a presentación deste catálogo da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Este evento está organizado pola Secretaría Xeral de Cultura, con motivo da programación para festexar o  Día da Ilustración, que se celebra o 30 de xaneiro e que forma parte das efemérides do Calendario do libro e da lectura 2016.

Galego

De Kuala Lumpur a Beijing

De Kuala Lumpur a Beijing é o caderno de viaxe de toda esa travesía que a pintora María Meijide realizou durante 5 meses desde febreiro de 2015. 
Un proxecto que, autoeditado, será un libro de tinta e acuarela impreso a todo cor cunha selección de máis de 100 debuxos feitos do natural durante esta viaxe.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación