Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Xeixos

Presentación a cargo do propio autor, Suso Lista, e do editor Miguel Toval, dentro do programa de encontro entre lectores e autores en Venres nas librarías.

Moi duro debe resultar o inverno en Corme para que o seu cronista principal sexa un percebeiro que un bo día, vendo a resignación da xente na terra, decidiu ollar para este lado e contarnos o que acontecía. Nos trinta relatos do libro desvélase o mundo enteiro.

Galego

Alegría!

Durante a presentación do libro, o autor ofrece neste encontro de Venres nas librarías un pequeno concerto con temas do seu disco homónimo.

Unha historia engaiolante. Unha música que conseguirá un sorriso de felicidade para todas e todos.
"Erase unha vez unha pequena eiruga chamada Alegría. Si, ese era o seu nome, ALEGRÍA; e, por iso, como dun peixe pallaso todos esperan que sexa divertido, dela tamén había de esperarse que fose moi alegre...”

Galego

Crónicas de un viajero

Crónicas de un viajero relata unha serie de viaxes por Europa onde o autor vai describindo as súas experiencias, tanto externas como internas, así como nos casos nos que vai acompañado de amigos, nos que inclúe as descricións e as experiencias deles.

Un camiño que vai percorrendo onde parece máis ben que o autor búscase a si mesmo. Un relato a veces só descritivo, a veces poético, outrora narrativo, inspirado nos grandes antecesores espirituais que deixaron pegada nas sociedades.

Viaxes e experiencias polo Vello Continente organizadas de forma cronolóxica.

Galego

Coñece a Biblioteca!

Actividade para nenos e adultos, na que se mostra o uso de materiais, nos diferentes formatos, dos que dispón a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, así como os sevizos que ofrece, aproveitando a presenza das Feiras do Libro de Galicia.

Galego

Intertextual: _Achar

A intertextualidade, segundo as palabras de José Ángel Valente, non se pode entender referida unicamente á relación entre creadores do campo da literatura. As influencias teñen que romper con esa serie de divisións invisibles e conectar dese xeito as artes plásticas coa poesía, ou a música co pensamento filosófico, dando lugar a múltiples diálogos que deben ter como lugar común o día a día, a cotianidade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación