Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Las hijas del César

No extremo do mundo, onde dúas civilizacións se dan a man, o perigo e a paixón axexan as fillas do home máis poderoso de Roma.
As fillas do deus dun Imperio convértense en heroínas de lenda, mulleres nun mundo de homes que navegan entre dúas civilizacións máxicas. Heroínas que se enfrontan con paixón ao misterio e a traizón, á guerra ancestral pola sucesión ao trono celta, e ao mesmo César. Unha aventura trepidante que as atrapa no centro do furacán da súa propia historia.

Galego

Xeixos

Presentación a cargo do propio autor, Suso Lista, e do editor Miguel Toval, dentro do programa de encontro entre lectores e autores en Venres nas librarías.

Moi duro debe resultar o inverno en Corme para que o seu cronista principal sexa un percebeiro que un bo día, vendo a resignación da xente na terra, decidiu ollar para este lado e contarnos o que acontecía. Nos trinta relatos do libro desvélase o mundo enteiro.

Galego

Alegría!

Durante a presentación do libro, o autor ofrece neste encontro de Venres nas librarías un pequeno concerto con temas do seu disco homónimo.

Unha historia engaiolante. Unha música que conseguirá un sorriso de felicidade para todas e todos.
"Erase unha vez unha pequena eiruga chamada Alegría. Si, ese era o seu nome, ALEGRÍA; e, por iso, como dun peixe pallaso todos esperan que sexa divertido, dela tamén había de esperarse que fose moi alegre...”

Galego

Crónicas de un viajero

Crónicas de un viajero relata unha serie de viaxes por Europa onde o autor vai describindo as súas experiencias, tanto externas como internas, así como nos casos nos que vai acompañado de amigos, nos que inclúe as descricións e as experiencias deles.

Un camiño que vai percorrendo onde parece máis ben que o autor búscase a si mesmo. Un relato a veces só descritivo, a veces poético, outrora narrativo, inspirado nos grandes antecesores espirituais que deixaron pegada nas sociedades.

Viaxes e experiencias polo Vello Continente organizadas de forma cronolóxica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación