Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Documentos singulares

Mostra do plano de 1865 do Igrexario de Santa María do Carballido, na Fonsagrada, para ilustrar os efectos da desamortización na provincia de Lugo.

Forma parte do amplo programa de actividades para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos que se celebra o 9 de xuño.

Galego

Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor, o investigador

Presentación do libro Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor, o investigador que Xesús Alonso Montero acaba de publicar na editorial Ir Indo sobre a figura do homenaxeado este ano co Día Das Letras Galegas.

Na presentación acompañarán ó autor a deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, e Bieito Ledo, director de Ir Indo edicións.

Galego

Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual

Edicións Xerais Presenta Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual, escrito por Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega. A achega de Alonso Montero á figura de Filgueira Valverde é unha aproximación ao que denomina "o último polígrafo", versado en moitos saberes humanísticos, dos que cómpre "salientar a rica e caudalosa bibliografía, os seus estudos literarios". "Nesta biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista", sinálase na nota editorial.

Galego

Obra completa de Manuel Antonio

A Fundación Barrié e a Real Academia Galega presentan o derradeiro volume da Obra Completa do poeta Manuel Antonio, coa presenza do alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños, o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, o director da Fundación Barrié, Javier López Martínez e o académico e editor literario da obra, Xosé Luis Axeitos.

Galego

Publicacións dixitais do CCG

O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta as publicación dixitais que xurdiron das participacións recibidas nos congresos Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada,e Mil e un Cunqueiros, desenvolvidos pola institución en 2013 e 2011, respectivamente.

Na rolda de prensa, darase conta da relevancia destas publicacións, así como dos traballos precisos para a súa divulgación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación