Vivir el jazz. Una declaración de amor
De maneira desenfadada e cun certo humor, o libro relata a relación do autor co jazz e os seus artífices, co propósito de atraer o interese dun novo público. Ademais inclúe información sobre libros, discos ou películas de interese para os músicos e afeccionados.
Ademais do autor, na presentación estarán:
Sacha Hormaechea (fotografía e deseño da portada)
Juan Antonio Porto (corrector)
Gonzalo Rubalcaba (autor do prólogo)
O acto rematará cunha breve intervención do pianista e compositor cubano de jazz Gonzalo Rubalcaba