Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

De punta a chicote. Así falan os mariñaos

Unha extraordinaria obra de consulta, excelente contribución á lexicografía (e á etnografía) mariñeira, onde atopará, clasificadas por orde alfabética, preto de 3.500 entradas froito de moitos anos de recollida de material a pé do porto (ou nas chabolas mariñeiras mentres se reparan as redes rotas ou se arman novos aparellos, como tantas veces fixo Paco Rivas).

De punta a chicote. Así falan os mariñaos, que é esencialmente un dicionario de fraseoloxía, ten o seu complemento noutra obra que proximamente verá a luz: Entre o abalo e a zaranda. Léxico do mar. 

Galego

Un conto ao revés

Nas cancións deste libro-disco vive unha historia protagonizada por dous nenos soñadores que soñan historias que son soños.

No conto que o acompaña viven cancións para facer rir e cantar aos lectores. Preparado para vivir unha aventura singular?Pois a ler, a escoitar e a soñar co programam Venres nas librarías.

Galego

Las hijas del César

No extremo do mundo, onde dúas civilizacións se dan a man, o perigo e a paixón axexan as fillas do home máis poderoso de Roma.
As fillas do deus dun Imperio convértense en heroínas de lenda, mulleres nun mundo de homes que navegan entre dúas civilizacións máxicas. Heroínas que se enfrontan con paixón ao misterio e a traizón, á guerra ancestral pola sucesión ao trono celta, e ao mesmo César. Unha aventura trepidante que as atrapa no centro do furacán da súa propia historia.

Galego

Xeixos

Presentación a cargo do propio autor, Suso Lista, e do editor Miguel Toval, dentro do programa de encontro entre lectores e autores en Venres nas librarías.

Moi duro debe resultar o inverno en Corme para que o seu cronista principal sexa un percebeiro que un bo día, vendo a resignación da xente na terra, decidiu ollar para este lado e contarnos o que acontecía. Nos trinta relatos do libro desvélase o mundo enteiro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación