Gran espectáculo da maxia celta
Gran espectáculo de maxia onde nada é o que parece.
Gran espectáculo de maxia onde nada é o que parece.
Un espectáculo contado a través do Camiño, dos Camiños de Santiago polos que os afiadores saían de Galicia para afiar e espallar a cultura galega polo mundo. Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, nun show que nos amosa como os afiadores percorrían as rutas dos Camiños de Santiago nun continúo ida e volta e coas máis sorprendentes historias.. O afiador desprazábase centos ou milleiros de quilómetros coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo.
Nesta ocasión O Mago Paco preséntanos o seu espectáculo mais reivindicativo. A través de distintas historias e xogos de maxia traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflxados. Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo. Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que: “Ser diferente é o mais divertido e xenuino que temos os seres humanos”
“Novidades Magnéticas” é un espectáculo de ilusionismo con óxido de maxia, humor e participación das persoas presentes...e as que non acudan tamén, grazas as propiedades de atracción que nel son espalladas.
O espectro óptico dos procesos imaxinativos viaxa nun acto con sorpresas apoiadas en todo tipo de trebellos, adobado en intres inesperados e imprevisíbeis.
O Museo Encantado é un novo concepto de espectáculo de proximidade. Unha instalación participativa que o público pode percorrer e desfrutar con total seguridade e sen aglomeracións. Esta instalación está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico.
- Unha caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprenderá con incribles xogos de maxia.
- Unha cabina de teléfono londiniense , na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través de un vello teléfono.
Maxia para Soñar ...
É un espectáculo sorprendente para gozar en Familia, onde o Ilusionista " Mago Marco": Propón unha viaxe de soños envolvidas nun misterio.
A Proposta do " Mago Marco" é a maxia clasica adaptada aos nosos tempos con aparicions, desaparicions, levitacions imposibles...
E o mais Importante deste espectáculo e unha maxia interactiva en que o publico é o grande protagonista.
Un brillante día de sol chega á praza un vendedor de xelados co seu carriño-bici para endulzar os paladares e sacar un sorriso aos que alí viven. Pero este non será un día como outros... Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño e os seus xelados. O tempo apremia e ten que arranxalo antes de que o sol nos deixe sen frescos doces. "Don Gelati" é un esoectáculo de maxia teatral que pola súa tematica resulta perfecto para representarse na rúa ademais dos teatros.
Seguindo a súa tónica de humor, o mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas.
A maxia do mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativos que provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobretodo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar.... formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.
“COMBINA” é un espectáculo que combina maxia, humor e participación do público. Unha proposta todoterreo con números de maxia de diferentes especialidades. Maxia visual, escapismo, mentalismo, viaxes máxicos...
Todo isto co estilo único de Dani Polo, unha combinación de elegancia cun toque desenfadado e xuvenil.
É unha escolla de feitizos nuns diálogos rebuldeiros para toda a audiencia, co fin de manifestar o bo facer do noso idioma, de visibilizar moitas das súas posibilidades, de animar á súa utilización para novos e novas falantes, de mudar pensamentos pretéritos e ideas preconcibidas relacionadas coa nosa cultura, sociedade etc.
Verdadeiramente, somos ditos@s ao dispor do galego. Coa súa beldade e forza podemos comunicarnos, ora facendo tratos e negocios, ora coñecendo xente e empatizar con ela,…e viaxar, convivir, cavilar ou matinar.