Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Un día diferente

Este martes teremos un espectáculo de maxia, " Un día diferente" do Mago Toño no que todo pode suceder.

Un día para deixar voar a imaxinación e ver que o imposible pode pasar. Ademáis poderemos ver aparicións, sorpresas, desaparicións, ilusiós ópticas, e predicciós, na que o público participa de maneira activa.

Actividades para nenas e nenos de 4 a 11 anos, para asistir precísase facer inscrición previa dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono 988 788385 / 386

Galego

Camiño do imposible

“Camiño do imposible” é un obradoiro de maxia para todos os públicos deseñado pola compañía Magia en la Manga no que aprenderemos sinxelos pero abraiantes trucos de maxia, todos eles ambientados en lendas, mitos e historias da tradición oral e literaria de Galicia, especialmente centradas arredor do Camiño Portugués.

Galego

Do maxín á realidade

Un espectáculo que nos leva a vivir unha experiencia única. A maxia e o fio conductor desta viaxe, que nos fai dubidar da realidade, das propias leis físicas que rixen o noso mundo,… entramos entón, da man do ilusionista, no mundo do maxín,  onde todo, ou case todo é posible.

Galego

O baúl do mago

Unha aventura máxica e unha experiencia innovadora sen precedentes que se desenvolve a bordo do BAÚL DO MAGO (unha caravana convertida nun auténtico Teatro Itinerante na procura de aventuras).

Onde a Maxia non só se ve, senón que se vive. As características do BAÚL DO MAGO conseguen que a interactividade e participación co espectáculo estean máis que aseguradas, pois a proximidade e interactuación co mago é unha constante durante o espectáculo. Trátase dunha experiencia irrepetible que se lembrará, probablemente, durante toda a vida.

Galego

A maxia do Mago Rafa

A Maxia do Mago Rafa é recoñecida nos seus máis de vinte anos de traxectoria artística pola súa maxia orixinal e o seu humor desenfadado, que se afasta da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común; humor, tenrura, unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián. Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".

Galego

Tin

Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de maxia, de humor, de clown, de inxenio. Onde nos podemso adentrar na mente dun coleccionista de chatarra, para descubir como pensa que usos lle pode dar a cousas que habitualmente non lle damos valor. É un espectáculo inventivo, onde a maxia muda de estética, de ritmo ou de motivación para sorprender co imposible.

Galego

O camiño do afiador

Un espectáculo contado a través do Camiño, dos Camiños de Santiago polos que os afiadores saían de Galicia para afiar e espallar a cultura galega polo mundo. Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, nun show que nos amosa como os afiadores percorrían as rutas dos Camiños de Santiago nun continúo ida e volta e coas máis sorprendentes historias.. O afiador desprazábase centos ou milleiros de quilómetros coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia