O mago Yunke
Yunke volve creando un espectáculo onde o espectador é o centro das súas ilusións. Viaxaremos ata cuestionarnos a realidade, estremecerémonos con impactantes imaxes, lembraremos cando eramos nenos, mentres nos emocionamos experimentando sensacións inimaxinables.
Yunke deu a volta ao mundo, creou espectáculos dun éxito sen precedentes, converteu a maxia nunha paixón para volver aos seus comezos e completar o círculo. Onde o protagonista es ti. Yunke volveu á ORIXE.