Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

José Rivera Noche de Magia y Mentalismo

Este Sábado 27 de Mayo, en La Terraza de Cortegada de Lavadores, tendremos la oportunidad de disfrutar de una Noche de Magia y Mentalismo con José Rivera.

Disfruta de una introducción al fascinante mundo de los misterios de la mente y lo desconocido. Déjate atrapar por un espectáculo que te hará dudar de todo lo que creías: ¿se puede leer la mente, podemos influir en los actos de otras personas simplemente con nuestra voz, se puede predecir el futuro?

Galego

Mago Teto: Rock ‘n’ Magic

Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construir un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.

Galego

Joshua Kenneth: Máxia de rúa

Joshua Kenneth nace no ano 1995 na cidade da Coruña. O interese pola maxia deste rapaz inglés-coruñés, comenza no 2006 vendo ao lexendario Mago Antón. Dende ese momento queda fascinado por este mundo e comenza unha aprendizaxe inicialmente autodidata e posteriormente académica; estudando na 1ª promoción da única universidade de ilusionismo do mundo, en San Lorenzo del Escorial, onde establece contactos con magos nacionais e internacionais.

Galego

Badabín Badabám

Unha actuación de maxia diferente onde podes ser espectador e aprender os principios da maxia, ao mesmo tempo.

Participa e ilusiónate, vendo como funcionan os mellores trucos e impresionantes efectos.

Para nenas e nenos de 5 a 12 anos / Público familiar

Duración: 45 minutos.

Salón de actos (Ata completar aforo)

 

Galego

Maxia de aquí e de acolá

Maxia de aquí e de acolá é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación onde a participación do público está presente en todo momento. Unha escenificación máxica versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns e tradicionais como un ovo, unha corda, unha mesa, froitas, etc. Elementos que poden emerxer da nada, desaparecer, levitar ou cambiar de aparencia.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

VII Galicia Magic Fest

Polo Nadal sempre volve a maxia grazas ao festival internacional de ilusionismo Galicia Magic Fest que este ano chegará á súa sétima edición. Magos con premios internacionais e prestixio mundial vindos de diferentes países daranse cita no teatro máis importante de Galicia para deixar alucinados durante 90 minutos ao público galego son os seus importantes efectos de maxia e ilusionismo. Unha proposta para público familiar que xa ten unha gran tradición polo seu atractivo máxico nestas datas tan destacadas.

Galego

Jorge Blass: Flipar

O aclamado ilusionista Jorge Blass presenta FLIPAR, o seu novo e esperado espectáculo, no que leva máis de 2  anos traballando para ofrecernos novas ilusións que farán que a nosa boca e os nosos ollos ábranse máis do que xamais criamos que podían abrirse. Unha experiencia única na que a maxia se adianta á tecnoloxía para demostrarnos que non existe o imposible.

Galego

Ilusionante

Ilusionante, o show de maxia familiar de Pedro Volta, ilusionista galego renovado, innovador e de dilatada traxectoria nos escenarios que se caracteriza por unha máxica capacidade para contar historias sorprendentes, interpretando números de gran impacto. Maxia ultra moderna e emocionante inspirada en series e películas como a Casa de Papel, Regreso ao futuro ou Mandalorian. Pasa unha tarde ilusionante chea de maxia, emoción e asombro en familia.

Galego

O mago Yunke

Yunke volve creando un espectáculo onde o espectador é o centro das súas ilusións. Viaxaremos ata cuestionarnos a realidade, estremecerémonos con impactantes imaxes, lembraremos cando eramos nenos, mentres nos emocionamos experimentando sensacións inimaxinables.

Yunke deu a volta ao mundo, creou espectáculos dun éxito sen precedentes, converteu a maxia nunha paixón para volver aos seus comezos e completar o círculo. Onde o protagonista es ti. Yunke volveu á ORIXE.

Galego

Un día diferente

Un día diferente no cal todo pode ser suceder. Un día para facer voar a imaxinación e ver que o imposible pode pasar. Un día cheo de aparicións, desaparicións, ilusións ópticas, e predicións, na que o público participa de maneira activa.

Público familiar (a partir de 4 anos)

Duración 45 minutos

Salón de actos (ata completar aforo)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia