Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A maxia de Jorge Blass

Sobre o escenario sucederán efectos imposibles e visualmente espectaculares. Aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e maxia interactiva na que o público é o protagonista. Todo iso envolto nun halo de misterio e unha coidada estética que consegue que volvamos ilusionarnos e soñar o imposible.

Galego

Kenneth Illusionist

Joshua Kenneth Illusionist nace no ano 1995 na cidade da Coruña. O interese pola maxia deste mozo inglés-coruñés, comeza no 2006, no espectáculo Armas baixo control do Mago Antón. Estuda na 1ª promoción da única universidade de ilusionismo do mundo, en San Lorenzo del Escorial. Ademais, complementa a súa formación, establecendo contactos con magos galegos, nacionais e internacionais. Participou en diversas actividades organizadas por centros públicos e privados, facendo aparicións en televisión galega e nacional, achegando a súa visión da vida a través da arte do imposible.

Galego

A maga Fani: Novas aventuras fantásticas

“Novas Aventuras Fantásticas” é un espectáculo de maxia, humor e participación do público, que percorre todo o espectro óptico dos procesos imaxinativos.

A través dos sentidos viaxaremos nun espectáculo con sorpresas apoiadas     en todo tipo de trebellos, adobado todo cun guión cargado de intres inesperados e imprevisíbeis.​

Espectáculo para experimentar sensacións fascinantes, cheo de gargalladas, colaboración da concorrencia, moita luz e claridade.

 

Galego

José Rivera: Parece mentira

Parece Mentira é un espectaculo sorprendente e divertido, onde a maxia e o humor son os principais ingredientes.

O publico participa activamente nesta obra familiar onde nenos e maiores interactuan co mago e en ningun momento deixan de sorprenderse, nun espectaculo vibrante e cheo de forza.

Este show supón unha viaxe a través da imaxinación e o disparate co propósito de entreter e asombrar ao espectador, a quen Jose Rivera fai navegar entre a ilusión e a comedia, mesturando hábilmente o humor mais desternillante cos números de maxia.

Galego

Mago Paco: Contamaxias

Trátase dun evento de maxia divertida para nenos e nenas a partires do 3 anos de idade cunha duración aproximada duns 50 minutos onde o Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos.

Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para
traballar os contos, pero moi, moi divertida!!

Galego

A maxia dos libros

Lugar: salón de actos

Para todos os públicos

Entrada libre ata completar aforo

A maxia dos libros” é o resultado dunha combinación entre maxia, comedia e improvisación. As bariñas e os bastóns máxicos, que nos fan ver o inexplicable, únense á fantasía creada polos lapis, bolígrafos e teclas, capaces de crear ilusión, derrotar imperios ou xerar vida. Todo iso, unido á inestimable participación do público presente.

Galego

A maga Fani: 2 ilusionistas xenuínos

Unha romaría de maxia, onde A Maga Fani e Martín Camiña conducirán unha cadea de acontecementos dende outra dimensión.

Ilusións surrealistas e sorprendentes para non deixar de escaravellar a testa, sachar na caluga ou apiñar nova información no hipocampo. Asemade, sementaremos os alicerces da grande pregunta da humanidade: é posíbel atopar un programa cultural na televisión?

Porén, este acto escénico é unha malleira de información abraiante, que precisa do pulo da concorrencia.

En resumo, se quixeres aburrirte, este non é o espectáculo que precisas.

Galego

Mago Rafa: A maxia non se toca

Meigo Rafa é un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 15 anos traballando con dous obxectivos comúns, divertir e sorprender. Durante todos estes anos traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade.

Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa.

Galego

Martín Camiña- Ilusionista: Caldeira de lingua

Espectáculo de ilusionismo-lingüístico, humor e participación do público, fervido a lume lento.
Unha caldeirada máxica, na que esmorecerán os escuros agoiros para a nosa lingua, coa invocación do: “Conxuro da Caldeirada”.
Amais, contaremos coa axuda dos nosos heroes e heroínas: Manolo “O Carrapicho”, María “A Caladiña”, Pepe ”da Ponte”, Brais, o neto de Xan “O Caghaestacas”,...tamén estarán “O Pallasentea”, “O Bocaaberta”, “A da Rata” etc.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia