Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A maga Fani: Novas aventuras fantásticas

“Novas Aventuras Fantásticas” é un espectáculo de maxia, humor e participación do público, que percorre todo o espectro óptico dos procesos imaxinativos.

A través dos sentidos viaxaremos nun espectáculo con sorpresas apoiadas     en todo tipo de trebellos, adobado todo cun guión cargado de intres inesperados e imprevisíbeis.​

Espectáculo para experimentar sensacións fascinantes, cheo de gargalladas, colaboración da concorrencia, moita luz e claridade.

 

Galego

José Rivera: Parece mentira

Parece Mentira é un espectaculo sorprendente e divertido, onde a maxia e o humor son os principais ingredientes.

O publico participa activamente nesta obra familiar onde nenos e maiores interactuan co mago e en ningun momento deixan de sorprenderse, nun espectaculo vibrante e cheo de forza.

Este show supón unha viaxe a través da imaxinación e o disparate co propósito de entreter e asombrar ao espectador, a quen Jose Rivera fai navegar entre a ilusión e a comedia, mesturando hábilmente o humor mais desternillante cos números de maxia.

Galego

Mago Paco: Contamaxias

Trátase dun evento de maxia divertida para nenos e nenas a partires do 3 anos de idade cunha duración aproximada duns 50 minutos onde o Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos.

Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para
traballar os contos, pero moi, moi divertida!!

Galego

A maxia dos libros

Lugar: salón de actos

Para todos os públicos

Entrada libre ata completar aforo

A maxia dos libros” é o resultado dunha combinación entre maxia, comedia e improvisación. As bariñas e os bastóns máxicos, que nos fan ver o inexplicable, únense á fantasía creada polos lapis, bolígrafos e teclas, capaces de crear ilusión, derrotar imperios ou xerar vida. Todo iso, unido á inestimable participación do público presente.

Galego

A maga Fani: 2 ilusionistas xenuínos

Unha romaría de maxia, onde A Maga Fani e Martín Camiña conducirán unha cadea de acontecementos dende outra dimensión.

Ilusións surrealistas e sorprendentes para non deixar de escaravellar a testa, sachar na caluga ou apiñar nova información no hipocampo. Asemade, sementaremos os alicerces da grande pregunta da humanidade: é posíbel atopar un programa cultural na televisión?

Porén, este acto escénico é unha malleira de información abraiante, que precisa do pulo da concorrencia.

En resumo, se quixeres aburrirte, este non é o espectáculo que precisas.

Galego

Mago Rafa: A maxia non se toca

Meigo Rafa é un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 15 anos traballando con dous obxectivos comúns, divertir e sorprender. Durante todos estes anos traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade.

Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa.

Galego

Martín Camiña- Ilusionista: Caldeira de lingua

Espectáculo de ilusionismo-lingüístico, humor e participación do público, fervido a lume lento.
Unha caldeirada máxica, na que esmorecerán os escuros agoiros para a nosa lingua, coa invocación do: “Conxuro da Caldeirada”.
Amais, contaremos coa axuda dos nosos heroes e heroínas: Manolo “O Carrapicho”, María “A Caladiña”, Pepe ”da Ponte”, Brais, o neto de Xan “O Caghaestacas”,...tamén estarán “O Pallasentea”, “O Bocaaberta”, “A da Rata” etc.

Galego

Mago Xacobe: Maxia de verán

O Mago Xacobe é un artista comunicativo e sorprendente que conta con máis de 20 anos de experiencia nos escenarios.

As súas múltiples participacións en Televisión de Galicia sitúano como un dos ilusionistas máis prestixiosos do panorama galego, rexión que alterna coa Comunidad de Madrid onde reside.

Os seus shows están cheos de humor, participación e unha coidada presentación, dando por resultado uno dos espectáculos máis completos para eventos familiares e de empresa.

Galego

Paseo histórico polo Bosque do Banquete de Conxo de 1856

Itinerario guiado por Henrique Alvarellos, que inclúe paseo pola aldea e bosque de Pai da Cana.
Adaptado a todos os públicos.Idioma: galegoDuración: 75 min aproxPunto saída/remate: diante da igrexa de ConxoInscrición: roteirobanquete@santiagodecompostela.gal
Esta actividade forma parte da Festa do Banquete de Conxo. Consulta a programación completa

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia