Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Roteiro en castelán e inglés polo Banquete de Conxo

Guiado pola divulgadora e educadora ambiental Susana Domínguez, esta ruta leva aos participantes a descubrir a riqueza natural que conserva o entorno do Bosque de Conxo.
Inscrición a través do mail rutabanquete@santiagodecompostela.gal.Punto de partida: CSC Aurelio Aguirre de Conxo.
Esta actividade forma parte da Festa do Banquete de Conxo. Consulta a programación completa

Galego

O que non se escribe: Paseo Sonoro

Dentro do programa de "O que non se escribe -xornadas sobre a creación contemporánea a partir de arquivos sonoros-", inclúese un paseo sonoro por diferentes puntos da cidade nos que se poderán atopar tesouros sonoros. Cada punto agocha un código QR para escanear e escoitar cos auriculares un anaco dunha recolla de música tradicional. Acompañando a cada QR, atoparemos a información do audio: a quen lle foi gravado, onde e cando foi gravado e por quen foi gravado.

Galego

Dani Polo: Euforia, volta á ilusión

Euforia, volta a ilusión é un espectáculo que necesitamos máis que nunca para recuperar a ilusión que perdemos a medida que avanzaba a pandemia. Ao longo de 90 minutos, o ilusionista Dani Polo presentará unha serie dos seus mellores números de maxia, grandes efectos e ilusións, onde as persoas aparecen, desaparecen, levitan ou mesmo se teletransportan.
Unha proposta única para deixarse levar polo mundo da ilusión e a maxia máis espectacular.

Galego

The Magic Show

O maior espectáculo de maxia en directo aterra no Teatro Salesianos de Vigo. Achégache a gozar de The Magic Show, o espectáculo do mago máis coñecido da historia. Un evento que poderás gozar  acompañado de calquera ao que lle gusten as sorpresas.

A maxia e os feitizos do mellor mago do mundo poderalos gozar en directo. Un espectáculo familiar, máxico e divertido para pequenos e grandes!

Galego

A maxia dos libros

“A maxia dos libros” é o resultado dunha combinación entre maxia, comedia e improvisación, en onde as baritas e bastóns máxicos que nos fan ver o inexplicable, únense á fantasía creada polos lapis, bolígrafos e teclas, cuxa tinta é capaz de crear ilusión, derrotar a imperios ou de xerar vida. Todo iso, unido á inestimable participación do público presente.

Unha escenificación máxica versátil que transmite habilidade e enxeño, empregando elementos cotiás que poden emerxer dá nada, esvaecerse, levitar ou mudar de forma.

Descobre a maxia que esconden os libros no seu interio

Galego

Magicians

Crías velo todo? Show internacional de maxia. Benvidos a Magicians: Un show internacional proveniente de Portugal que nos presentan Arkadio& Solange, dous magos que forman unha sensacional parella artística.

Galego

Fábrica de feitizos

Benvidas e benvidos ó lugar de transformación dos procesos imaxinativos: a Fábrica dos feitizos.

Unha viaxe fabulosa a través dos sentidos, das situacións inesperadas, do humor e da participación do público, apoiado en todo tipo de instrumentos para narrar as surrealistas aventuras e desventuras desta ilusionista.

Ilusións cargadas de momentos imprevisibles, nun espectáculo para experimentar sensacións fascinantes. 

Espectáculo de maxia recomendado para ne@s a partir dos 4 anos.

Galego

Maxia de aquí e de acolá

Maxia de aquí e de acolá é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento. Unha escenificación máxica versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns e tradicionais, como un ovo, unha corda, unha mesa, froitas,... elementos que poden emerxer da nada, desaparecer, levitar ou cambiar de aparencia.

Duración: 45 min.

Para 30 nenas e nenos de 4 a 12 anos

Salón de actos

Galego

Volta a ilusión

Volta a ilusión é un espectáculo, que precisamos máis que nunca, para recuperar esa ilusión que en moitos casos a pandemia nos arranxou. Un show de gran formato cunha proposta de son, iluminación e efectos especiais do máis alto nivel.

Ao longo de 90 minutos, o ilusionista Dani Polo presenta unha serie dos seus mellores números de maxia, grandes efectos e ilusións, onde persoas aparecen, desaparecen, levitan ou mesmo se teletransportan.

Unha proposta única para deixarse levar polo mundo da ilusión e da maxia máis espectacular.

Galego

Keller Magic

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través da páxina web

Lugar: salón de actos

Datas: 19 de febreiro ás 12:00

Fernando Keller é xa a segunda xeración de magos. Levou ilusión e sorpresas a público de 4 continentes durante toda a súa vida.

O 19 de febreiro visita A Coruña coa mesma intención: sementar misterio, sorrisos e moita pero que moita....maxia!!!!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia