Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Nadal no Gaiás 2021: Tardes de maxia

A proposta quere ser unha unión entre a maxia do Camiño neste ano Xacobeo e a maxia propia do Nadal. Así, organízanse unha serie de obradoiros e unha mostra final que amosará dende o punto de vista da maxia as ilusións do Camiño.

Catro obradoiros de maxia e unha función especial

Tardes de maxia - Prográmanse 4 obradoiros nos que os trucos de maxia estarán tematizados sobre lendas e historias do Camiño de Santiago con especial énfase no Camiño Portugués.

Galego

Samuel Moreno

Tras a presentación do espectáculo Why Not no teatro OFF Latina de Madrid, e posteriormente en numerosas salas por toda España, regresa a maxia de Samuel Moreno a terras galegas.

Galego

Maxia no nadal

Lugar: Salón de actos.

David Méndez

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través da páxina web.

A Maxia do Nadal pon en valor unha escenificación máxica, dinámica e versátil onde a interactuación co público é fundamental, e onde a habilidade e o enxeño mestúrase coa música, convidando a mergullarte nun mundo onde a fantasía e a ilusión son as protagonistas.

Un espectáculo onde todo pode ocorrer e sorprender.

Galego

Mil maxias máis

O mago Antón trae ao FalaRedes un espectáculo de maxia dirixido a público infantil e familiar que busca poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados  coa finalidade de facer que os espectadores e espectadoras lembren a importancia que ten a palabra en galego.

Cada sesión de Mil maxias máis desenvolverase a bordo do Magomóbil, un vehículo deseñado expresamente para esta exhibición de ilusionismo e lingua. A bordo deste vehículo o mago Antón estará este novembro en Santiago de Compostela, Narón, Vilagarcía de Arousa e A Coruña.

Galego

Dania Díaz

É unha ilusionista venezolana recoñecida como unha das maiores expoñentes da maxia feminina en Latinoamérica e o mundo. O seu talento e carisma para contar historias a través da maxia levárona a gañar numerosos premios incluíndo o premio latinoamericano de maxia en Flasoma Chile 2013 e o Premio Nacional de España 2016; ademais de premios e recoñecementos en Colombia e Venezuela.

Galego

Maxia Potáxica

Espectáculo de Maxia para público familiar, no que se poderán ver os Grandes Éxitos do Mago Romarís, números con cartas, con cordas, con laranxas e incluso con ¡Chourizos!

Maxia e diversión ao mesmo tempo

Galego

Enmaxiarte

Enmaxiarte é un dos espectáculos revelación no mundo da maxia, da man do xoven Dani Polo, finalista do programa “Pura Magia” de TVE, chega un show completamente novidoso, con efectos máxicos realmente asombrosos e unha posta en escena de alto nivel.

Un espectáculo para toda a familia onde se mesturan diferentes elementos, maxia participativa, humor e ilusións de gran impacto!

Sen dúbida un plan perfecto para ilusionarse e viaxar polas diferentes ramas da arte da maxia.

DANI POLO

Premio Ali Bongo Francia 2018 a xoven mago revelación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia