Un sibarita con varita
Héctor Sansegundo presenta "Un sibarita con varita"

Héctor Sansegundo presenta "Un sibarita con varita"
O Mago Charlangas invítanos a viaxar a través do tempo co seu espectáculo @Temporal, onde a maxia e o teatro mestúranse creando unha historia na que navegaremos pola nosa imaxinación.
Un número de ilusionismo co que gozaremos de xogos con cartas, bolas, moedas, billetes e máis sorpresas que nos farán pasar unha leda xornada chea de maxia.
Coñeceremos a un científico tolo e os seus incríbles experimentos para adentrarnos nunha viaxe co Pirata Barbanegra na busca de máxicos tesouros
A Maxia do Mago Rafa afástase da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común: humor, tenrura, unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián.
Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".
Este espectáculo realízase en formato Gala e Rafa conta coa colaboracion de magos de recoñecido prestixio Internacional.
Espectáculo "La Maga" de la ilusionista venezolana Dania Díaz.
Unha parada máxica é un espectáculo de maxia onde o xoven ilusionista galego Dani Polo fai unha parada no seu percorrido para ofrecer unha maxia moi especial. Efectos sorprendentes mesturados con comedia, música e participación do público.
Unha proposta perfecta para realizar esa "parada" tan necesaria nas nosas vidas e gozar durante unha hora do mundo da ilusión, onde todo é posible e que ben seguro fai que ata o máis incrédulo fique sorprendido.
Dani Polo:
- Premio Nacional de Maxia.
- Mencións especiais en Latinoamérica, Francia e Italia.
Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer, e perdido no presente, no eiquí, no agora, está o noso viaxeiro protagonista, o noso coleccionista de linguas. Sempre na busca de novas amizades coas que engadir un código máis na súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.
Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de maxia, de humor, de clown, de inxenio. Onde nos podemso adentrar na mente dun coleccionista de chatarra, para descubir como pensa que que usos lle pode dar a cousas que habitualmente non lle damos valor. É un espectáculo inventivo, onde a maxia muda de estética, de ritmo ou de motivación para sorprender co imposible.
Gran espectáculo de maxia infantil-familar cos mellores magos e magas de España.
O Mago Paco reune os mellores magos infantís de España para facer un dos mellores espectáculos de maxia adicado o público infantil-familiar que poidas chegar a ver.
Un gran evento máxico que encherá a vila de ilusión, risas, abraios e moita moitas sorpresas.
Sumérxete no mundo da fantasia e deixa ceive a túa imaxinación. Volve a converterte nun neno ou nena e verás que todo é posible da man destes artistas do ilusionismo.
Non verás nada igual!!!
Braulio é o mellor mago do mundo... ou polo menos iso pensa el. E quen somos nós para dicirlle a verdade?. Así é moito máis divertido!.
Chega a Vilagarcia un mago torpe e despistado que fai ben os seus trucos de pura casualidade...
Gran espectáculo de maxia onde nada é o que parece.