Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Badabin, Badabam

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: Salón de actos

David Méndez

Unha actuación de maxia diferente onde podes ser espectador e aprender os principios da maxia ao mesmo tempo.

Participa e ilusiónate, vendo como funcionan trucos e impresionantes efectos. Unha actuación máxica, na que o espectador ao final aprende xogos fáciles e eficaces.

Galego

A caixa de Pandora

Efectos máxicos como aparicións, desaparicións, ilusións arredor da máxica caixa de Pandora.

Unha viaxe polos diferentes elementos do ilusionismo: panos, cartas,… combínanse maxistralmente con elementos sorpresa como malabares e monicreques para encher a biblioteca de maxia.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Fabuloseando

Fabuloseando é un espectáculo de maxia e humor levado a cabo polo mago Roberto Lolo, onde a improvisación e a interacción e participación do público, son o punto forte? e ata aquí pódese contar, porque é Top Secret.

Fabuloseando é o título do novo espectáculo de Roberto Lolo. Un espectáculo de maxia cargado de aínda máis improvisacións e interaccións co público que por suposto fará a delicia de todos os asistentes.

É un show moi interactivo, fai partícipe ao público e gusta a todos os públicos.

Galego

Maxia sen trucos

Elenco: Ian Richard  e Elisa Alfaya

Este é un espectáculo indicado para toda a familia. Tanto nenos como non tan nenos desfrutarán deste espectáculo cheo de colorido e ilusión. Cunha mezcla de maxia e sombras chinescas Ian e Elisa farán que os nenos se sumerxan nun mundo imaxinario onde nada en imposible.

Galego

Dani Polo: Volta á ilusión

O meu nome é Dani Polo e a miña paixón non é outra que o ilusionismo. Nacín nun pobo da Coruña, Melide, o cal me viu crecer como meigo ou como me gusta máis, ilusionista. Todo comezou un nadal, cando unha caixa de maxia coñecida por todos caeu nas miñas mans, aqueles pequenos secretos que escondía esa marabillosa caixa fascináronme, e a partir de aí empezou o meu crecemento no mundo da maxia.

Galego

De Ilusións Tamén Se Vive

Benvidos ao mundo dos soños feitos realidade!

Con todos vós, o outro lado do espello…

Coa batuta do humor, Alex Louzao dirixe esta orquesta de milagres imposibles.

Neste espectáculo cheo de interacción, o público vivirá experiencias mentais, musicais e cargadas de humor, facendo un percorrido polo mundo da Maxia e polo mundo do Circo, case case sen moverse do salón da súa casa. Este polifacético artista fará que o público se divirta e disfrute en gran cantidade gracias á mestura de emocións como o misterio e a intriga, xunto coa comicidade do ilusionista.

Galego

A nova maxialidade

Volvemos do confinamento con máis ilusión que nunca. Na soidade do seu local de ensaio, Rafa, pasou 80 días encerrado desenvolvendo un espectáculo para a volta á "Nova Normalidade", pero...."Nada é Normal".

 

Galego

Gala Porta Máxica 2020

Gala de magia que reunirá la ilusionistas de diferentes estilos. Habrá una especial presencia especial de artistas de nuestra ciudad y de otros puntos de la geografía gallega. En este espectáculo participarán: Samuel Moreno (Tomiño), David Maestro (A Coruña), *Álex Louzao (Carballo), Colectivo Mágico Lorc & Julit (Ferrol), Martín Varela (Ferrol). Y, por arte de magia, puede que aparezca algún artista más!

Galego

Ilusionante

O ilusionista Pedro Volta presente este Nadal o seu show de maxia familiar ILUSIONANTE. Con todas as medidas de seguridade e hixiene, escollemos o Auditorio Mar de Vigo para que poidades gozar de forma segura, cómoda e ampla dun espectáculo sorprendente en vivo e en directo. Porque temos que volver recuperar a ilusión non te perdas este show  especial para vivir en familiar unha experiencia ILUSIONANTE este Nadal. 

Galego

A igualdade non ten truco

A igualdade non ten truco. Por que hai máis meigos que meigas? É certo que estamos afeitos ver magos, pero tamén existen a día de hoxe moitas mulleres meigas.

Un espectáculo de maxia familiar que tenta promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.

Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tómico, presentan un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe moi importante nestes tempos.

Recomendado a partir de 6 anos. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia