O mago Teto: Alquimia
Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto: atopar a Pedra Filosofal. O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume, e finalmente o tempo. Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, co poder de transformar metais en ouro.

