Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Alquimia

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.

Galego

Aitor Francés

Espectáculo do semifinalista de Got Talent España na Sala INK Narón. Un espectáculo que non deixará indiferente a ninguén, os seus números de maxia cun alto risco para a vida de Aitor marcan un antes e un despois na forma de vivir un show de ilusionismo. Emociónache, sente o risco e vive de preto este espectáculo.

Galego

Dakris

Dakris, un dos magos que máis está a dar que falar estes últimos anos na comunidade máxica. Chegado dunha nova xeración de mozos meigos. Gañador dos premios máis prestixiosos a nivel nacional e internacional, entre eles, é posuidor do premio ao mellor mago del año 2012 y el Primer premio nacional de magia.

Galego

A óptica das ilusións

Experimenta a maxia e a marabilla dos enganos visuais da man de David Méndez, onde combina diferentes ilusións que reciben os nosos ollos e chega ao cerebro dando como resultado a admiración e o asombro.

Un espectáculo moi visual e participativo para todos os públicos.

No salón de actos. Duración: 45 minutos

Galego

A Maxia do Nadal

O Nadal, unha época diferente na cal todo pode ocorrer. Unha datas especiais para facer voar a imaxinación e ver que o imposible pode pasar.

Un tempo cheo de aparicións, desaparicións, ilusións ópticas, e predicións, na que o público participa de maneira activa.

Para público familiar.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Raymon, maxia ao cubo

Raymon é un mozo mago especializado en maxia con cubos de Rubik. Foi semifinalista dos programas de televisión Got Talent España e Pura Maxia. Foi premiado ao mago máis puntuado da súa categoría en 2016. Neste show mostraranos maxia nas propias mans do público e moito humor, ademais da maxia con cubos de Rubik."

Para público familiar, no salón de actos. 

Duración: 45 min.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia