Sim Salabim
Novo espectáculo onde os bonecos e obxectos cobran vida, e móvense, falan, contarannos cousas das súas vidas, e fan maxia, porque eles serán os protagonistas.
Como o gatiño Piqui que voa polo aire ao longo do escenario, a corda Valentina que é moi travesa e nunca obedece, o debuxo Rodolfo que fala nunha lousa e é un pouquiño rosmón, ou o orangután Hugo, que nos conta cousas divertidas e fai tamén maxia. Todos eles farannos gozar de momentos moi divertidos.