Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Pola igualdade dende a Maxia

A Maga Leo Leiño, e a súa axudante, Cris Chisgarabís, traen moita maxia, e mediante xogos coñeceremos as mulleres que loitaron polos nosos dereitos. Faremos espallar polo mundo dunha forma increible a igualdade. Como Houdini, liberarase das cadeas que lle quitan a liberdade, e faran que con ilusión e traballo, os nosos mellores desexos se fagan realidade.

Idade: para todos os públicos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Esta actividade encádrase nas actividades realizadas ao abeiro do Pacto de Estado contra la Violencia de Género.

Galego

A maxia que esconde a ciencia

A través de asombrosos experimentos científicos e divertidos xogos de maxia, mostraremos un panorama da ciencia e a maxia que nos rodea, como están presentes as matemáticas, a física, a química e a bioloxía no noso ao redor, e que a maioría das veces non alcanzamos a percibilas.

É necesario recoller invitación.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos

Galego

Novos Feitizos e Novas ilusións

Espectáculo de maxia, humor e participación cheo de intres fascinantes: ¿Como facer maxia nunha mudanza?, a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción, o poder máxico da lectura, que haberá despois de "Luar",... son só algunhas das moitas aparicións de ilusións e humor deste espectáculo, con comicidade, fondo musical e participación do público....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo etc., nun espectáculo que pretende concienciar ó público á devolución das esculturas a súa lugar de orixe, as rotondas e a implantación de máquinas expendedoras de empanadas.

Galego

Bimaxias: 2 ilusionistas en realidades paralelas

Unha creación máxica, surrealista e con ilusións a "xeito individual e a dúo". Xornais que cobran vida, cordas sorprendentes, froitas “sen frutosa”, recreacións doutra época e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes. 2 ilusionistas ao vivo nun espectáculo de maxia, humor e participación do público composto para ollar outras realidades coas orellas moi abertas.

Galego

Falo porque me peta

Atopámonos no ano 107 d.CE. (despois de Celso Emilio) ou ano 2019 nalgunhas civilizacións.

Unha viaxe escénica, máxica e lingüística percorre cada recanto do país, amosando as anormalidades decotío no uso do galego, a realidade laboral do idioma e a marabilla de posuír un “Monte Pindo” de fala propia, nun espectáculo de ilusionismo máis sorprendente que atopar un programa cultural na televisión.

Galego

Abraios de rúa

Un camión escenario "aparcará máxicamente" na praza da vila, e tanto el coma 200 cadeiras, completarán o espazo escénico ao aire libre.

Un teatro móbil con toda a produción técnica, cheo de asombros, ilusións, humor, participación dos espectadores, cordas, panos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia