Maxia á feira
Un espectáculo de maxia de cerca que sorprende tanto a grandes como a pequenos.
Historias Máxicas que nos conta O Mago Romarís a través dunha baralla de cartas.

Un espectáculo de maxia de cerca que sorprende tanto a grandes como a pequenos.
Historias Máxicas que nos conta O Mago Romarís a través dunha baralla de cartas.
----
“Maxia Espectacular” é o espectáculo de gran formato de Dani Polo, xoven mago galego, finalista do programa “Pura Magia” de TVE e premiado en diferentes puntos de Europa.
Sherlock Holmes é un espectáculo de teatro con comedia, maxia e moito humor. Un show dirixido a público familiar.
O famoso detective tentará resolver o misterioso roubo da mansión. Os feitos producíronse durante a noite na que a baronesa celebraba o seu aniversario.
Que ninguén saia da casa! Todos son sospeitosos! O cociñeiro, o maiordomo, todos os convidados. A propia baronesa tamén é sospeitosa! Mesmo algún espectador do público podería ser o culpable...
Coa axuda do público Sherlock resolverá o caso. A duración do show é de 70 minutos.
.
Turuleto un mago divertido, simpático e algo aloucado que divertirá e asombrará coa súa maxia a grandes e pequenos. Maxia e diversión en estado puro ... un espectáculo familiar que pretende axuntar a maxia, o xogo e o humor para todos os públicos.
Espectáculo cheo de maxia envolto en simpatía e risas, no que a participación do público será esencial para que todos o pasen xenial.
Un espectáculo de maxia con números circenses desde unha perspectiva divertida: Maxia, Diversión e Circo, que non che podes perder.
Variedade de maxia por Mago Manuel Lamas
Novo espectáculo de maxia de Manuel Lamas
----
Este é o maior espectáculo de maxia cómica de tódolos tempos: Le Cirque, de François Lafayette. Un espectáculo inspirado tanto nas liñas de teatro clásico coma as correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico.
Elenco: Adrián Conde e Félix Corcuera
Canso de que o rexeiten en tódos os teatros, o artista de variedades máis pequeno do mundo decide montar o seu propio, e non só o fai acorde ás suas medidas, senon que tamén lle pon rodas para levalo a todos os rincóns dp mundo.
Feliz de poder mostrarnos as suas habilidades, este diminuto artista invítanos a mergullarnos nunha atmósfera máxica confirmando, unha vez máis, que o bo ven en frasco pequeno.
Sen dúbida un espectáculo que nunca esquecerás.