Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Apren-Deimi

Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números: escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello,  maxia con lume, levitacións, mentalismo ....

Maxia moi variada e divertida para o programa Cultura no Camiño.

Galego

Laboratorio máxico

Mandarina preséntanos o paxaro Rigoberto, amigo inseparable da protagonista e secundario de luxo, un deses roubaplanos que nos entenrece malia ser un chisco atravesado. Improvisación, humor e maxia son as claves deste espectáculo no que coñecemos a vertente máis fantástica de Mandarina, unha personaxe moi potente, capaz de mesturar a ironía do mago co despiste para trasladar o público a lugares que serían inalcanzables sen o poder da fantasía. Con este espectáculo, Mundomandarina obtivo o Premio do Público no Festiclown 2015, en Vilagarcía.

Galego

Elementos

O Mago conta a historia de como chegou ao mundo da maxia e conxuga os elementos da Aire, Terra e Fogo para levar a cabo aparicións de pombas ou coellos, que da mesma maneira que aparecen, desaparecen. Durante o espectáculo sucédense recreacións das rutinas clásicas que levaron a cabo prestixiosos magos, pero con adaptacións personalizadas. 

Hai que ter en conta que Máxico Brais fai o seu debut artistico con tan só 6 anos no Teatro Principal de Santiago de Compostela da man de Teresa Rabal no programa concurso VeoVeo, levando o premio Revelación.

Galego

Circo menudo...menudo circo

Un espectáculo concibido para lembrar estampas do circo que a maioría da xente coñece de sempre pero buscando a participación e implicación do público. Máis de 75 minutos de duración, que independentemente da idade, manteñen ao público expectante e participativo.

A mestura de humor, maxia, sketchs onde o espectador forma parte do elenco de participantes disfrutando e participando dos números que se presentan. 

Galego

Feitizos e ilusións

Espectáculo que mestura a sorpresa, o humor e a participación do público, percorrendo os diferentes estilos na arte da ilusión.

Feitizo é o conxunto de prácticas destinadas a conseguir un efecto máxico ou extraordinario. Quen non soñou con dominar elementos intanxibles como o fume, ou adiantarse ao pensamento de alguén, ou trocar de cor as cousas?

Galego

Encantamentos

Espectáculo de maxia, humor e participación dos espectadores, presentado dun xeito diferente: non existen traxes de mago, nin chisteiras nin coellos.

Maxia directa aos ollos do público: mentalismo, escapismo, cartas, cordas, etc. Os números máis sorprendentes do ilusionismo a pouca distancia, sen mangas, sen caixas, sen fumes pero coa maior das armas: a imaxinación.

Galego

Perto de ti

Este é o nome do espectáculo de maxia de cerca do mago Teto. Pequenos obxectos que fan posibles grandes milagres: cartas que toman vida nas mans do mago, moedas que danzan entre os dedos, navallas que cambian de cor cunha soa mirada son algunhas das cousas que se poden presenciar nesta hora de maxia en estado puro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia