Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O mellor mago do mundo

Os magos! Eses seres tan fantásticos que tanto gustan aos nenos e nenas. Como poderán facer eses incribles prodixios? O Mago Romarís móstranos o segredo máis celosamente gardado. Cando un mago ten un soño sobre algo que lle atrae de forma especial, só ten que repetir tres veces unha derminada palabra máxica. E esa palabra máxica é...? Verémolo o día da actuación.

Galego

Ilusións ópticas

As ilusións ópticas son de natureza máxica pois a súa esencia é "os nosos ollos ven unha cousa e a nosa mente di outra completamente diferente".

O Mago Romarís busca amplificar o efecto que producen no espectador coas súas fabulosas presentacións sobre como chegaron a el estes incribles fenómenos.

Espectáculo de maxia para Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Ahora

Pasámonos a vida enteira esperando o momento ideal, o minuto exacto para ser felices, e non nos damos conta que o tempo, aos poucos, váisenos das mans e esa eterna espera da felicidade, sumiunos nunha profunda apatía que non nos deixou gozar do noso camiño, da felicidade diaria que tivemos ante os nosos ollos. Agora chegou o momento de facer os soños realidade, pero non te sentes a contemplar o minutero marcar o teu momento, móvete, sal do teu agocho e marca ti os pasos. E ese momento chegou, en Ahora.

Galego

Que curioso!

Un espectáculo de maxia moi participativo, colorido e divertido. Combinando numerosas técnicas circenses e teatrais, demostrando que a prestidixitación, os malabares, o humor, a música e a poesía crean por se mesmos un espazo de comunicación xenuíno entre mago e público.

Que curioso! é un espectáculo para soñar.

Galego

Mestura máxica

Mestura Máxica é unha proposta de diferentes tipos de maxia deseñado e pensado para levar diferentes tipos de espectáculos a diferentes  lugares do concello como  poden ser auditorios, casas da cultura, bibliotecas,  colexios ou incluso prazas e rúas.

Un total de  catro actividades compoñen esta mestura que encherá de maxia a vila.

Galego

Maxia para adultos

Os máis pequenos non son os únicos que gozan coa maxia. Aos adultos tamén os fascinan os espectáculos desta disciplina. Sara Rodríguez e Xulio Merino son os protagonistas deste espectáculo de maxia para adultos. 

Entradas: 5 euros 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia