Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mestura máxica

Mestura Máxica é unha proposta de diferentes tipos de maxia deseñado e pensado para levar diferentes tipos de espectáculos a diferentes  lugares do concello como  poden ser auditorios, casas da cultura, bibliotecas,  colexios ou incluso prazas e rúas.

Un total de  catro actividades compoñen esta mestura que encherá de maxia a vila.

Galego

Maxia para adultos

Os máis pequenos non son os únicos que gozan coa maxia. Aos adultos tamén os fascinan os espectáculos desta disciplina. Sara Rodríguez e Xulio Merino son os protagonistas deste espectáculo de maxia para adultos. 

Entradas: 5 euros 

Galego

Maxia infantil

Un espectáculo de maxia para nenos: iso é o que levan ao café Sifón Sara Rodríguez e Xulio Merino. 

A capacidade da sala está limitada a 50 nenos, polo que se recomenda chamar para facer reserva. Os prezos das entradas son de 3 euros por neno e 2 euros por adulto. 

Galego

Conjuro

Yunke é un dos grandes ilusionistas do noso tempo. A súa maxia está chea de misterio, beleza e risco, e as súas ilusións son sobrecolledoras e hipnóticas. Yunke levou a súa maxia aos cinco continentes e participa en programas de televisión por todo o mundo. A súa grandeza no escenario vai moito máis aló dos premios recibidos ao longo de toda a súa carreira, a súa filosofía de traballo e a súa forma de entender a maxia é totalmente singular. 

Galego

1, 2, 3... Probando!

Espectáculo de maxia de mediano formato deseñado para se representar nos sitios máis variados...Ilusións con obxectos prestados, material ordinario, coma cordas, perchas, panos de papel e mesmo co propio corpo do mago. Maxia visual para toda a familia que arrinca un sorriso ao público e que demostra que todo é posible durante o show.

Elenco: Dani García
Dirección: Fran Rei
 Xéneros: maxia cómica
Duración: 60 minutos
Público: Público Familiar
Tipo espectáculo: Maxia

 

Galego

1, 2, 3... Probando!

Espectáculo de maxia de mediano formato deseñado para se representar nos sitios máis variados... Ilusións con obxectos prestados, material ordinario, coma cordas, perchas, panos de papel e mesmo co propio corpo do mago. Maxia visual para toda a familia que arrinca un sorriso ao público e que demostra que todo é posible durante o show.

Galego

Laboratorio máxico

Mandarina preséntanos o paxaro Rigoberto, amigo inseparable da protagonista e secundario de luxo, un deses roubaplanos que nos entenrece malia ser un chisco atravesado. Improvisación, humor e maxia son as claves deste espectáculo no que coñecemos a vertente máis fantástica de Mandarina, unha personaxe moi potente, capaz de mesturar a ironía do mago co despiste para trasladar o público a lugares que serían inalcanzables sen o poder da fantasía. Con este espectáculo, Mundomandarina obtivo o Premio do Público no Festiclown 2015, en Vilagarcía.

Galego

Historias dun ilusionista

Dicía Eduardo Galeano que estamos feitos de historias. Todo o que hai de certo nesa frase, convértese en verdade neste espectáculo.

Un ilusionista non o é tan só pola maxia que mostra encima dun escenario, senón por todo canto aprende polo camiño que o leva ata el. Historias dun Ilusionista é unha seleccion de xogos que marcaron ao Mago Rafa e que agora él achega ao público.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia