Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O Buhonero

Ola, chámome Alberto, son buhonero, mercachife, ou quincalleiro, comunmente coñecido como vendedor ambulante, e veño de terras moi lonxanas a ofrecerlles os meus productos, todos de primeirisima calidade: cordas , sedas, coladores , calcetins,...etc    e sobre todo moita ilusión.

Así comeza este    espectáculo baseado no gremio dos vendedores ambulantes, pódese adaptar a toda clase de festivais, sexan medievais , artesanos , festas patronais,...etc  e sobre todo con moita maxia.

Galego

Mentaliti

Trátase dun show familiar totalmente interactivo.

O mentalismo en clave de humor será o fío condutor. Escena, escapismo, e grandes ilusións terán tamén o seu protagonismo.

Realidade ou ilusión? cuestión da mente

Galego

A Historia de Brancaflor

Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown cóntase a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar ao seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos. Os Sete Magníficos máis Un propoñen un espectáculo de animación á lectura dun xeito distinto: a partir de sinxelos xogos de maxia, do clown, da participación do público e da marabillosa tradición narrativa galega.

Galego

Dous ilusionistas noutra realidade

Unha creación máxica, surrelista e con ilusións en "modo individual e a dúo".

Xornais que cobran vida, cordas sorprendentes, froitas, cabinas espiritistas doutra época e moito máis xeran a trama dun acto cheo de gags visuais, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes.

Espectáculo de maxia, humor e participación dos espectadores, composto para ollar outras realidades.

Galego

Fantasía dos sentidos

Fani Triana ofrece un espectáculo de maxia  no que propón unha  viaxe fabulosa a través dos sentidos.

Ilusións con cordas, cadeiras, xornais, líquidos, mentalismo, participacións dos espectadores, humor e moito máis.

Trátase dun espectáculo cun guión cargado de situacións inesperadas e unha  montaña de sorpresas imprevisibles. Un espectáculo para ollar e gozar.

 

Galego

Onde está o mago Antón?

Autor, director e elenco: Antón Rodríguez

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?

Galego

A viaxe ata os confíns da maxia

Ao remate dun espectáculo de maxia do antigo Mago Mauro, unha nena preguntoulle se coñecía magas e magos doutras partes do mundo e as súas maxias; ao que o mago tivo que responder que non; provocando unha inquietude extremadamente inquietante como para poder estarse quieto ao decatarse de que non sabía onde existía a maxia.

Galego

Apren-Deimi

Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números: escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello,  maxia con lume, levitacións, mentalismo ....

Maxia moi variada e divertida para o programa Cultura no Camiño.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia