A maxia de Jorge Blass
O famoso mago, Jorge Blass, vén a Galicia a demostrar os seus dotes como ilusionista. Ten unha gran traxectoria xa que leva moitos anos dedicando a súa vida á maxia.
No ano 2015 véndelle un dos seus trucos ao mago máis coñecido no mundo, David Copperfield, e por iso demostra que ten unhas habilidades inigualables no panorama nacional.
Na actuación fará diferentes trucos, entre os que veremos desaparicións, levitacións e espectáculos co público nunca vistos.