Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Divermaxia

Actividade de dinamición a lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os nenos e nenas. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender coas suas hitorias cheas de maxia.

Espectáculo de maxia para o programa de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: De 3 a 12 anos

Galego

Badabin Badabam

Unha actuación de maxia diferente onde podes ser espectador e aprender os principios da maxia ao mesmo tempo. Participa e ilusionate, vendo como funcionan trucos e impresionantes efectos. Unha actuación máxica, na que o espectador o final aprende xogos fáciles e eficaces. No salón de actos, para todos os públicos.

Galego

Íntimo a viaxe da miña vida

“Íntimo” é unha viaxe, seguramente iniciática, na procura da esencia da maxia. Alguén moi especial puxo no corazón do mago Teto, cando era un cativo, a semente da maxia, e a partires dese momento medrou nel un soño. O soño de ser mago. Para conseguir cumprir ese soño, o mago Teto tivo que estudiar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar. Viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Tokio. En cada lugar onde o mago vai, descobre algo da esencia da maxia, pero non todo.

Galego

Enigma

Tras 18 anos de experiencia nos escenarios, Chrystyan Magic presenta o seu novo espectáculo de maxia moderna e cómica para público familiar. Trátase dun show de variedades onde se usan obxectos moi diversos coa intención de buscar un espectáculo áxil, dinámico e moi divertido. 

Galego

Camiño de ilusións

O mozo Daniel Polo crea un espectáculo especialmente pensado para recintos pechados como casas de cultura,teatros e auditorios, é un espectáculo moi dinamico con constante participación do publico, tanto de nenos como de adultos, onde haberá momentos de gargalladas inesquecibles, pero sen esquecerse da máis pura e dificil das ramas da maxia, "a manipulación" quedarán pampos todos os espectadores vendo os efectos máis sorprendentes, con aparicións e desaparicións máxicas de animais, bolas, cartas,...

Galego

Galicia Magic Fest

I Gala Internacional de ilusionismo Galicia Magic Fest. Cinco dos mellores magos do mundo asombrarante con números que conseguiron premios en todo o mundo. Maxia de grandes ilusións, espectacular, maxia con pombas de última xeración, maxia cómica, maxia visual, retos imposibles. Todo dirixido e presentado polo ilusionista galego Pedro Volta. Un show de maxia cos mellores ilusionistas do mundo deseñado para que toda a familia quede coa boca aberta. Con Yunke (Castellón), Huang Zheng (China), Charlie Mag (Barcelona), Disguido (Italia), Ta Na Manga (Portugal) e Pedro Volta.

 

Galego

A maxia de Mary Poppins

Espectáculo para toda a familia onde a maxia, vainos levar ao mundo máxico, no que a mesma Mary Poppins vainos traer elementos misteriosos que falan da relación dos nenos ca ilusión, as risas e a diversión. Un show sorprendente, inesquecible, e cheo de imaxinación.

A cargo de Leo Leiriño

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia