Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Megaciencia

Un espectáculo para todas as idades onde o principal obxectivo é sorprendernos coa ciencia de maneira didáctica e divertida.

Unha viaxe fantástica onde a bioloxía, química, física, mestúrase cos segredos mellor gardados dos magos.

Mesturando o misterio e espontaneidade da maxia co poder da ciencia, Megaciencia servirá para mostrarnos como é posible que un obxecto apareza, desapareza, se transforme ou levite.

No salón de actos.

Actividade dentro do Mes da Ciencia.

Galego

Magiciencia

Unha viaxe fantástica onde a bioloxía, a química e a física se mesturan cos segredos mellor gardados dos magos, impartido por Daviz Méndez.

A partir de 3 anos. Sala infantil.

Galego

Onde está o Mago Antón?

Galicia é máxica, rica en lendas e monumentos, con moita historia e encanto. E que mellor maneira que descubrila a través da maxia do Mago Antón!

Un espectáculo concibido para todo tipo de público (de todas as idades) e moi acomodado para grupos familiares no que se suceden a un ritmo trepidante ducias de xogos de maxia.

Para público familiar, no salón de actos da biblioteca, ata completar aforo.

Nesta ocasión, está dentro das actividades para festexar o Día da Biblioteca

Galego

Divermaxia

O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os nenos e nenas. 

Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender as/os máis cativos/as coas suas hitorias cheas de maxia.

Esta actividade forma parte da programación de dinamización lectora Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Very very big international magic show

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén vese obrigado a disfrazarse de diferentes artistas para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a diferentes personaxes intentará levantar o espectáculo, pero durante o transcurso do show as cousas complicaránse.
Ilusionimo teatral con comedia, maxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, mentalismo, hipnose, etc.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Nadal máxico

Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia.

Un espectáculo estructurado en formato gala, con un presentador e catro magos profesionais en escena.

Cada un dos magos amosará o mellor do seu repertorio. O resultado é un show onde o público non terá acougo, de principio a fin.

 

Galego

O baúl do mago

O espectáculo desénvolvese no interior dunha caravana reconvertida nun teatro, pero non nun teatro calquera, probablemente, o máis pequeno do mundo!

Espectáculo de maxia dentro da programación da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Palabras máxicas

O público asistente ten participación neste espectáculo, ata o punto de que será quen determine o seu guión, ademais de axudar a Dani a superar unha serie de retos que o fagan digno dun magnífico sombreiro de mago.

A actividade de rúa, que se moverá por 20 municipios da Rede de Dinamización Lingüística, é unha adaptación para fins de promoción da lingua doutra xa existente. Agora ofrece novos diálogos e números para presentar o idioma propio de Galicia como parte esencial da vida cotiá dos galegos e das galegas nun contexto estival e festeiro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia