Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Momentos de asombro

"Momentos Asombrosos" está cheo de intres fascinantes:

Como facer maxia nunha mudanza?,

a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción,

o poder máxico da lectura,

ou como estar á moda co que xa teñamos pola casa.....

son só algunhas das moitas  aparicións de ilusións e humor  deste espectáculo...con comicidade, fondo musical e participación dos espectadores....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo,etc.,  e un fío conductor cheo de "Momentos de Asombro"

Galego

Maxia a pé de rúa

Unha creación máxica, surrealista e a pé de rúa.

Xornais que cobrar vida, cordas sorprendentes, froitas, cartas e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags visuais, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes.

 

"Maxia a Pé de Rúa" é un espectáculo de ilusionismo, humor e participación dos espectadores, composto a nivel do chan.

Galego

25 anos de tolemaxias

O día 17 de maio do 1991, realizaba a miña primeira actuación pública.

25 anos despois desa data que para ben ou para mal marcou a miña vida sacamos da manga unha montaxe coas ilusións que maior impacto causaron no público dos distintos espectáculos producidos desde entón ata día de hoxe:

" A maxia dos soños", " Perto de ti", " Tolemaxias", " A maxia da Santa Compaña" , " O Afiador","Novas Tolemaxias","Os anos 80" e " A feira máxica".

Galego

O afiador

Obra máxica-teatral que xira ao redor dunha roda de afiador dos anos 30, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa: Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Galego

Novas tolemaxias

Aneis que desaparecen para aparecer nos sitios mais insólitos, coitelos que poñen en perigo a vida dos espectadores…ademaís de ter a oportunidade de coñecer a “Leti”, a única serpe do mundo capaz de adiviñar cartas, e a Viscobich, un coello moi máxico. Istos son uns petiscos do espectáculo do Mago Teto, no que inclúe unha pantalla de catro por tres metros. O espectáculo remata cunha homenaxe a Houdini, o considerado 'Rei das evasións'.

Galego

Ilusións ópticas

As ilusións ópticas son de natureza máxica pois a súa esencia é "os nosos ollos ven unha cousa e a nosa mente di outra completamente diferente".

O Mago Romarís busca amplificar o efecto que producen no espectador coas súas fabulosas presentacións sobre como chegaron a el estes incribles fenómenos.

Espectáculo de maxia para Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Historias dun ilusionista

Dicía Eduardo Galeano que estamos feitos de historias. Todo o que hai de certo nesa frase, convértese en verdade neste espectáculo.

Un Ilusionista non o é tan só pola maxia que mostra encima dun escenario, senón (sobre todo) por todo canto aprende polo camiño que o leva ata el. 'Historias dun Ilusionista' é unha seleccion de xogos que lle marcaron ao Maga Rafa e que agora el achega ao público.

Espectáculo de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia