Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Novas tolemaxias

AS NOVAS TOLEMAXIAS” do Mago Teto é un espectáculo onde o mago intenta facer realidade os seus soños, son unha serie de ilusións na procura de ofrecer algo máis que unha serie de trucos,  buscan chegar as emocións dos asistentes.

Alianzas que desaparecen para aparecer nos sitios mais insólitos, adiviñacións de soños ,coitelos que poñen en perigo a vida dos espectadores…ademaís de ter a oportunidade de coñecer a “Leti”, a única serpe do mundo capaz de adiviñar cartas, e Viscobich, un coello moi máxico.

Galego

Conto de nadal

Autor: Ricardo Paredes

Dirección: Milagros Diéguez

Un conto de maxia: Un neno que soña ser mago e un adulto que volve a infancia mediante a maxia.
O espírito da maxia ven a ilusionar a nenos e maiores cos xogos máis fermosos desta época do ano dentro das estrelas máxicas.

Galego

Fantasía Máxica

Espectáculo interactivo onde o público participa co mago para crear situacións cómicas e divertidas.

O debuxo dunha pizarra empeza a falar co mago, o pescozo dunha persoa é atravesado con dúas barras e moitas máis sorpresas que fan que o público goce dun espectáculo diferente.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar data e hora no lugar onde se representa:  Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo

 

Galego

Titania

Mago: Chrystyan Magic

Baile danzas orientales e partenair: Bibiana Llambi

Sinopse: Imaxina que un día es capaz de ver como os obxectos aparecen, desaparecen, voan... que podes sentir coma si as estrelas baixaran do ceo e nos encheran de emocións para compartilas...

Un  espectáculo que retoma ese número de maxia que impactou na historia da maxia , una persoa cortada pola metade ante os ollos do público, en directo.

Unha combinación de maxia, humor, diversión, baile, levitacions, mentalismo...

Galego

Fusión

O último espectáculo creado polo novo mago Daniel Polo. É o sono dun neno feito realidade.

Tras anos de aprendizaxe na Escola do Mago Rafa, un dos magos máis prestixiosos do Estado, o seu pequeno discípulo Daniel Polo acada o sono de compartir o escenario co seu mentor. Este espectáculo é un exemplo de compenetración e sincronización máxica entre os dous artistas. Unha fusión que as veces trasmite a ilusión de ser a mesma persoa.

 

 

Galego

A ferradura máxica

Obradoiro para que os nenos e nenas aprendan a construír os seus propios xogos de maxia, utilizando sempre materiais sinxelos de atopar ou de refugallo. Todos os materiais utilizados serán proporcionados dentro da carpa.

Galego

Ledicias

Este espectáculo está baseado na maxia infantil, no que O Mago Paco fai un percorrido polos seus mellores xogos de maxia cos que pretender sumerxir a todo o público no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e sorrisos.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia