A chisteira máxica
- A chisteira máxica é un espectáculo de maxia, variado e divertido, con numerosos efectos que xeneran no público a emoción do asombro.

A maxia sempre dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinta parte integrante do espectáculo.
Un espectáculo divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión da maxia mistúrase nun cóctel de risas e gargalladas.
Esta programación forma parte das actividades de Cultura no Camiño que leva teatro, danza, música e novo circo polos concellos por onde discorren as rutas xacobeas.
Tres personaxes diferentes, con tres personalidades distintas, que coa axuda de todo o público, serán os encargados de facer pasar momentos moi divertidos, intensos, aloucados, máxicos, extraordinarios, románticos, cómicos, misteriosos, sensibles, irrepetibles e sobre todo, sorprendentes!
Esta programación forma parte da Rede galega de teatros e auditorios e pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Feitizo é o conxunto de prácticas destinadas a conseguir un efecto máxico ou extraordinario.
Quen non soñou con dominar elementos intanxibles como o fume, ou adiantarse ao pensamento de alguén, ou trocar de cor as cousas.
O Mago Xacobe é, probablemente, o mago máis televisivo de Galicia (Pasarela de Estrelas, Tardes con Ana, Luar, SuperMartes, Pequeno Gran Show, Tarde de Nenos, Desde Galicia para el Mundo, O Sofá, Land Rober, Desexos Cumpridos...).
Espectáculo de maxia pensado para os máis cativos.
Esta nova produción do Mago Antón supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas cun espectáculo caracterizado pola recuperación dalgún número dos inicios da súa carreira (entre outros a ventriloquía coa presenza do seu boneco, o labrego Facundo) e a incorporación dalgunhas das súas últimas e anovadoras creacións nas distintas especialidades máxicas: aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia…
Máis dunha hora de espectáculo concibido para todo tipo de público.
Neste mundo diferente o público forma parte do espectáculo fundíndose entre cordas, panos, cartas, globos e outros elementos máxicos.
Unha carpa recrea un posto de feira de mediados do século XX ,
coas súas lámpadas de luces e bandeirolas de cores. Un espectáculo
de rúa de maxia personalizada e íntima xa que os propios
espectadores elixen que xogo queren ver entre máis de 200
efectos de maxia. É un espectáculo de proximidade, de distancia
curta, xa que as mans do mago sitúanse a menos dun metro
do público.
Ademais, é un espectáculo no que a maxia se fusiona coa
sétima arte. Cada xogo de maxia, está relacionado cunha película
Maxia de aquí e de acolá é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento. Unha escenificación máxica versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns e tradicionais, como un ovo, unha corda, unha mesa, froitas,... elementos que poden emerxer da nada, esvaecerse, levitar ou trocar de aparencia.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.