Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Maxia de aquí e acolá

Maxia de aquí e de acolá é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento. Unha escenificación máxica versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño usando elementos cotiáns e tradicionais, como un ovo, unha corda, unha mesa, froitas,... elementos que poden emerxer da nada, esvaecerse, levitar ou trocar de aparencia.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

O fabuloso mundo do mago Romarís

Un espectáculo de maxia que xira arredor das ilusións ópticas.

As ilusións ópticas son de natureza máxica pois a súa esencia é os nosos ollos ven unha cousa e a nosa mente di outra completamente diferente. O Mago Romarís busca amplificar o efecto que producen no espectador coas súas Fabulosas Presentacións sobre como chegaron a el estes incribles fenómenos.

Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva música, teatro, danza e novo circo polos concellos onde discurren as rutas xacobeas.

Galego

Historias dun ilusionista

Un espectáculo novidoso para que toda a familia goce. As historias máis divertidas e a maxia máis elegante mestúranse neste espectáculo para crear un ambiente espectacular.
Que mellor que facer rir e facer maxia á vez? 

Noventa minutos cheos de ilusións, risas, participación do público e unha coidada escenografía. 

Esta actuación forma parte da programación de Cultura no camiño que leva música, maxia, teatro, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

I+D+I (ilusión+diversión+imaxinación)

É un moderno espectáculo cheo de Ilusión + Diversión + imaxinación interpretado por un dos máis xóvenes talentos no mundo de la Magia. Con tan só 18 años, Daniel Polo, en I+D+i crea unha viaxe polas diferentes facetas do ilusionismo como ol mentalismo, maxia de cerca, manipulación, escapismo, etc. . Aquí cada número está pensado para todos os públicos, para que cada espectador poida ilusionarse y disfrutar coa arte da Maxia, xa sexa uñn neno ou adulto.

Galego

Maxia en familia

Maxia en Familia é un espectáculo de maxia pensado para todos os públicos, baseado na diversión, sorpresa, misterio e emoción.

Mago  Marco mestura todos estes ingredientes tendo como expecialidade as Ilusions con animais, a maxia con areas de cores, a levitacion de obxetos, a guillotina máxica, aros chineses, escapismo...

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño que leva músia, teatro, danza, novo circo... polos concellos onde discorren as rutas xacobeas,

Galego

Apren-Deimi

MAGO DEIMI

Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números. Interacciona moito e ben co público grazas á súa simpatía e ao recurso constante do humor.

OBRADOIRO DE MAXIA

Pensado para nenos pero no que tamén poden participar os pais.

Galego

Maxia Branca

O mago Xabi, o pallaso Lolo e a gran estrela do espectáculo Blanca Houdini, a coelliña branca, farán as delicias dos máis pequenos e sorprenderán aos máis grandes.

Lolo quere aprender a ser mago e Xabi intentará ensinarlle o máis básico, sempre dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinta parte integrante do espectáculo.

 

 

Galego

Fusión

Espectáculo fusión entre dous artista Daniel Polo e o seu mestre o Mago Rafa.Un traballo enfocado aos nenos con novos e sorprendentes efectos máxicos: manipulación de bolas, aros panos... acompañados de moito humor.

 

Galego

Laboratorio máxico

Neste espectáculo no que se mesturan a maxia, o clown e os monicreques Mandarina fará que grandes e pequenos se sorprendan e rían con xogos de maxia cómica e a aparición do seu malhumorado paxaro, Rigoberto.

Mandarina é unha personaxe moi potente que une a ironía e a intelixencia do mago co despiste, a inocencia e o amor polo público do pallaso nun cóctel realmente explosivo.

 

Galego

Animagicus

"Animagicus" é un espectáculo para público infantil e familiar cheo de emocións, trucos orixinais e modernos, trucos clásicos, bromas, sorpresas, interacción co público, música en directo... monicreques máxicos, máscaras engaioladas, varas sorprendentes, espadas encantadas, cordas tolas, cartas xigantes,...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia