Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Volta á maxia

Benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo. Nada está escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle daremos unha volta á maxia, unha volta á nosa ruleta. Así, o azar porá en xogo a sorte do mago. Non haberá preguntas por resolver. Nin segundos que gañar.

Galego

Transformando o presente. Maxia e música en clave fantástica

A arte da transformación, a través do ilusionismo e a música.

Maxia e melodías pretenden alterar a nosa realidade, nun espectáculo cheo de efectos sonoros e emocións visuais.

Cordas, cadernos, asentos que cobran vida, sorpresas a dúo, espadas, cabinas de outro tempo, humor, participación dos espectadores...e un baixo eléctrico, proxectan situacións surrealistas, formulando se o que estamos a ollar corresponde co que escoitamos, ou se o son que percibimos está neste presente ou en outro.

Galego

Sherlock Holmes e o diamante Patterson

Espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor indicado para público familiar.

O famoso detective Sherlock Holmes enfrontaráse esta vez a un complicado e emocionante caso. As xoias da Mansión dos Patterson foron roubadas. Sospeitase de todo o persoal que traballa na casa, de todo aquel que estivera polas cercanías da Mansión o día do roubo. Coa axuda do público o famoso detective tentará descubrir ao culpable e recuperar as xoias.

Galego

A Feira Máxica

Unha carpa recrea un posto de feira de mediados do século XX, coas súas lámpadas de luces e bandeirolas de cores. Un espectáculo de rúa de maxia personalizada e íntima xa que os propios espectadores elixen que xogo queren ver entre máis de 200 efectos de maxia. É un espectáculo de proximidade, de distancia curta, xa que as mans do mago sitúanse a menos dun metro do público.

Galego

Don Gelati

Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados co seu carriño e ganas de sacar un sorriso aos que alí viven.

Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño que terá que arranxar con enxeño e algo de maxia antes de que os seus xeados se derretan.

Esta é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe as palabras e a comunicación co público. Un espectáculo de maxia de rúa con grande mobilidade e sen necesidades técnicas externas.

Galego

Onde está o mago Antón?

Esta nova produción do Mago Antón supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas cun espectáculo caracterizado pola recuperación dalgún número dos inicios da súa carreira (entre outros a ventriloquía coa presenza do seu boneco, o labrego Facundo) e a incorporación dalgunhas das súas últimas e anovadoras creacións nas distintas especialidades máxicas: aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia…
Máis dunha hora de espectáculo concibido para todo tipo de público.
 

Galego

Contos de maxia

Espectáculo baseado no libro “O Sorriso de Rosalia”, Rosalía ten o sorriso máis grande do mundo, pero o seu tesouro máis prezado é a súa capacidade para imaxinar que a levará a coñecer lugares que só podemos visitar viaxando polas páxinas dos libros.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas, e inclúese dentro dos actos da biblioteca para celebrar o Día do Libro, que se festexa o 23 de abril.

Galego

Nanomaxias

Nanomaxias é un espectáculo de maxia de salón absolutamente sorprendente que se adapta a todo tipo de espazos abertos ou pechados e está orientado a un público familiar.

A diversión e a comedia estarán presentes acompañando aos visuais e sorprendentes efectos realizados por Román García, 1º Premio Nacional de Maxia.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Laberinto de ilusións 2.0

Laberinto de ilusións é un espectáculo de maxia que atrapa de principio a fin. Neste laberinto a maxia está acompañada de disparatadas e cómicas historias nas que participa permanentemente o público. Ilusión, maxia e diversión para toda a familia. Cando todo remate ninguén quererá saír deste labirinto de ilusións...

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia