Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Un mundo ao revés

Un espectáculo visual baseado na idea do mundo ao revés. Non hai nin principio nin final, unha sucesión de diferentes efectos máxicos que farán voar a nosa imaxinación.

Unha formulación que promete "facer realidade os soños e transporta ao público a un mundo onde o imposible pode pasar".

Para nenos/as a partir de 4 anos (Familiar)

Duración: 45 minutos

Hora: 12:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

Galego

A FURGOTECA ESTÁ DE ANIVERSARIO!

Celebramos o primeiro aniversario da nosa furgoteca coa actividade Ler para crer, un espectáculo de ilusionismo onde se trata de animar a descubrir a maxia da lectura mediante a arte do imposible, unha das ferramentas educativas máis potentes e no que a participación do público será fundamental.

Convidámosvos a desfrutar desta xornada tan especial connosco!

*Para poder preparar e coordinar o espazo co centro onde vai ter lugar a actividade, precisamos que a confirmación de asistencia se realice como último día o 23 de febreiro.

 

Galego

Singularia

SINGULARIA: Daquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non se pode repetir.

SINGULARIA é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro.

Galego

Rock and magic

ROCK & MAGIC é o resultado de 30 anos de maxia e rock & roll. Un espectáculo que mestura as dúas principais paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia.  Era cuestión de tempo unilas e sumar ao noso repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita, moita, moita tralla.

Un espectáculo con música interpretada en directo: hits, temazos e verdadeiros incunables que os maiores levamos gravados a lume na nosa memoria e temos que dar a coñecer ás nosas crianzas.

Galego

Xoga e maxia

Chega unha nova proposta dinámica, participativa e sobre todo “alucinante”. Nesta ocasión, O Mago Paco encarna a figura de presentador do prestixioso programa XOGA E MAXIA onde a través de probas, os e as participantes competirán para levarse as súas casas algún que outro agasallo. Realidade ou ficción? Ata onde chegarán para conseguir o seu propósito? Haberá premios para todos e todas as participantes?

Galego

Gran gala de maxia

O Mago Paco reúne os mellores magos infantís de España para facer un dos mellores espectáculos de maxia dedicado o público infantil-familiar que poidas chegar a ver.

Un gran evento máxico que encherá a vila de ilusión, risas, abraios e moitas, moitas sorpresas. 

Mergúllate no mundo da fantasía e deixa ceive a túa imaxinación. Volve converterte nun neno ou nena e verás que todo é posible da man destes artistas do ilusionismo.

 

Galego

Imposible!?

Hai palabras que semellan ter só un significado… Pero a maxia encárgase de demostrar que non sempre é así.
A palabra Imposible pode soar a límite, a final do camiño.
Mais tamén pode ser o comezo de algo marabilloso.

En IMPOSIBLE!?, o Mago Rafa convida a toda a familia a descubrir que detrás de cada “non se pode” agóchase unha sorpresa, un sorriso e, ás veces, un milagre.
A través de efectos visuais, humor e moita participación, nenos e maiores vivirán unha experiencia máxica onde o imposible convértese en posible... e o posible, en pura ilusión.

Galego

Galerock & Magic

Como se podía continuar un espectáculo tan intenso, divertido e sorprendente como R&M? Non se pode. Só podemos mellorar isto dun xeito; facendo un novo volume coas nosas músicas, co rock e a música galegas que marcaron e marcan as nosas vidas.

Galego

Ler para crer

“Ler para crer” e un espectáculo de ilusionismo pensado para as bibliotecas galegas onde se trata de animar a descubrir a maxia da lectura aos nenos e nenas mediante a arte do imposible, unha das ferramentas educativas máis potentes e no que a participación do público familiar é fundamental.
 

Data e hora: venres 9 de xaneiro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, a partir de 4 anos

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia