Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Maxia entre liñas

Un espectáculo de maxia de peto que mestura o asombro co encanto das bibliotecas, onde os libros e a imaxinación se converten nos mellores aliados para sorprender ás pequenas e pequenos, con Dani García, finalista no mundial de maxia celebrado en Turín.

Para público familiar.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Maxia vs. Ciencia

Un espectáculo adaptado o currículo educativo que trata diversos contidos como os efectos ópticos, matemáticas, o son e a astronomía dunha forma práctica, dinámica e moi entretida, interactuando constantemente cos rapaces e rapazas, facéndoos participes, cómplices e protagonistas de cada experiencia ou momento fantástico.

Para nenos/as a partir de 4 anos (público familiar)

Horario: 18:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

Galego

A fórmula da ilusión

Neste espectáculo, «O mago Paco» mestura dúas disciplinas: a ciencia e a maxia, que a simple vista parecen non ter nada en común. Pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten cando nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida.

Idade: de 6 a 12 anos.

Duración: 60 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Maxia vs. Ciencia

Neste espectáculo o mago Paco mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en común, pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira moi diferente e moi divertida.

Galego

Argus o trasgo da biblioteca

Argus é un trasgo que vive nunha biblioteca. Era moi feliz xa que se encargaba de repartir libros e contos aos nenos e nenas, pero a chegada da tecnoloxía fixo que deixasen de ir. Argus tratará de encher a biblioteca de nenos e nenas e que volvan ler e coller moito libros, xa que se non o consegue, a biblioteca pechará e o quedase atrapado para sempre nela, quedando só e triste. Espectáculo de maxia para fomentar a lectura.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou chamando ao 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

TIN

Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de maxia, de humor, de clown, de inxenio. Onde nos podemso adentrar na mente dun coleccionista de chatarra, para descubir como pensa que que usos lle pode dar a cousas que habitualmente non lle damos valor. É un espectáculo inventivo, onde a maxia muda de estética, de ritmo ou de motivación para sorprender co imposible.

Galego

O segredo de Andersen

¡A maxia chega á biblioteca!
Prepárate para un show cheo de trucos, risas e sorpresas que deixarán á cativada coa boca aberta.

Data e hora: sábado 13 de setembro ás 12.00 h

Público destinatario: infantil, a partir de 4 anos

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala
 

Galego

Quen quere ser mago?

Abracadabra! Convidamos a todos os nenos e nenas a descubrir o mundo da maxia. A través de xogos, trucos sorprendentes e moita imaxinación, aprenderán os segredos dos grandes meigos. Prepárense para rir, asombrarse e, sobre todo, converterse en auténticos aprendices de maxia!

Data e hora: sábado 13 de setembro. Primeira quenda de 10 a 11 ; segunda quenda de 11 a 12 (soamente poderase inscribir nunha quenda, se se fai nas dúas soamente terase en conta a primeira inscrición)

Público destinatario: infantil a partir de 4 anos

Galego

Máxico Deluxe

Máxico Deluxe de Cayetano Lledó é un espectáculo de maxia adicado a público familiar. Con todo tipo de proezas incribles en clave de comedia, este espectáculo vaite sorprender. Cayetano Lledó ten participado en Festivais e congresos dentro e fóra de Europa. Ten actuado coa súa máxia en teatros de todo o mundo (Canadá, Taiwán, China, Suiza, Francia, Inglaterra, Finlandia, Italia, Japón, etc.).

Neste espectáculo recolle unha escolma de técnicas innovadoras misturadas cos xogos de sempre para disfrutar en familia.

Galego

Hocus Pocus

Seguindo a súa tónica de humor,  Ou meigo Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cores e de moitas sorpresas.

A maxia de O mago Paco caracterízase pola posta en escena de elementos visuais e moi rechamantes que provocan unha dinámica constante encima do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual,  todo depende da resposta do público, sobre todo dos máis pequenos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán poderán xogar, reir, saltar, actuar, formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia