Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Xoga e maxia

Chega o primeiro CONCURSO DE MAXIA para toda a famila, onde nada é o que parece.

Un show participativo onde os concursante tentarán levarse os fantasticos premios que a " PRODUCCiÓN  e DIRECCION" do concurso porá en xogo; pero ollo!!! non vai ser nada doado...porque.. NADA É o que PARECE!!!

Probas, nervios e máxima tensión farán que pases unha boa xornada de risas e asombros para loitar polo panel final!!!

Preparadas, listas e... a xogar!!!

Galego

Hocus Pocus

Seguindo a súa tónica de humor, o mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas. 

A maxia do mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativos que provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobretodo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar.... formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.

Galego

Magic Mateo Show

“Magic Mateo Show” é un espectáculo de maxia familiar que busca tocar todas as ramas da arte do ilusionismo. Mestura maxia, humor e participación do público. Un espectáculo para gozar en familia e pasar momentos cheos de ilusión da man dun dos ilusionistas máis novos do panorama máxico galego. 

Galego

Mil maxias máis 5.0

A maxia en esencia é un xogo e con ela podemos facer que as palabras aparezan, desaparezan, se transformen ou mesmo leviten diante dos nosos propios ollos. Nesta proposta máxico-teatral non faremos trucos de mans, non desviaremos a atención, non faremos aparecer coellos. Faremos maxia  da boa a partir das nosas palabras, da nosa historia, do noso patrimonio cultural material e inmaterial.

Galego

Mil maxias máis 4.0

A maxia en esencia é un xogo e con ela podemos facer que as palabras aparezan, desaparezan, se transformen ou mesmo leviten diante dos nosos propios ollos. Nesta proposta máxico-teatral non faremos trucos de mans, non desviaremos a atención, non faremos aparecer coellos. Faremos maxia  da boa a partir das nosas palabras, da nosa historia, do noso patrimonio cultural material e inmaterial.

Galego

Gran gala de maxia

Gran espectáculo de maxia infantil-familar cos mellores magos e magas de España.

O Mago Paco reune os mellores magos infantís de España para facer un dos mellores espectáculos de maxia adicado o público infantil-familiar que poidas chegar a ver.

Un gran evento máxico que encherá a vila de ilusión, risas, abraios e moita moitas sorpresas. 

Sumérxete no mundo da fantasia e deixa ceive a túa imaxinación. Volve a converterte nun neno ou nena e verás que todo é posible da man destes artistas do ilusionismo.

Non verás nada igual!!!

Galego

A caixa de Pandora

Efectos máxicos como aparicións, desaparicións, ilusións arredor da máxica caixa de Pandora.

Unha viaxe polos diferentes elementos do ilusionismo: panos, cartas,… combínanse maxistralmente con elementos sorpresa como malabares e monicreques para encher a biblioteca de maxia.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 apropia semana da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia