Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contamaxias: maxia divertida

Actividade de animación a lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. 

O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os/as nenos/as. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender á cativada coas súas historias cheas de maxia a través dos contos. 

A maxia está nos contos. 

Duración: 50 minutos

Salón de actos

Publico familiar a partir de 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

 

 

Galego

As nosas letras

O Mago Teto celebra con nós o 2º aniversario!

Falaremos das nosas letras dende a maxia, porque ambas cousas están presentes de maneira extraordinaria na nosa biblioteca móbil.

Actividade aberta a todo o público.

Galego

A Maxia do Cinema

Entra o fascinante mundo da Cinemaxia.

Cada número de ilusionismo encarna un xénero cinematográfico diferente: dende a elegancia do cine de época ata a adrenalina das películas de acción, pasando pola fantasía, a ciencia ficción e o romance. Entre os actos máis impresionantes, o público verá cómo obxetos icónicos do cine cobran vida, personaxes clásicos aparecen da nada e esceas famosas transformanse en espectaculares ilusións.

Con efectos especiais e unha banda sonora que evoca a maxia dos clasicos do cine.

Galego

"J, K, W e Y": unha escolma de despropósitos

Se crías, despois de ler no google maps, que “Valle de Oro” era un desleixo á nosa cultura ou se pedir no restaurante “carne al caldero más un albarito” era estar á moda, agarda ouvir o que seleccionamos en:

“J, K, W e Y”.

Un espectáculo con mollo de antoloxía da actualidade lingüística: máxico e poético, unha desfeita etnográfica, unha escolla de ilusionismo, humor, participación e un abandono total da nosa historia.

Un renovado abecedario, cun alcouve de novos pensamentos por agromar no cedo, repousa nesta colleita escénica de irresponsabilidades.

Galego

Mil maxias máis

O Mago Antón presenta unha chea de xogos orixinais creados coa finalidade de facer que os espectadores lembren a importancia da palabra en galego. Cada sesión desenvolverase a bordo do Magomóbil, un vehículo deseñado expresamente para esta exhibición de ilusionismo e lingua.

En cada localización haberá varias funcións: 13:00 h, 17:00 h, 18:00 h, 19:00 h, 20:00 h

Galego

Un Nadal de conto: Acuarela

Unha viaxe polos diferentes elementos do ilusionismo: panos, cartas… se combinan maxistralmente con elementos sorpresa como malabares e monicreques para encher a biblioteca de maxia.

Duración: 45 minutos.

De 4 anos en adiante.

Inscrición previa dende o mércores 18 de decembro presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Maxia de aquí e de acolá

Maxia de aquí e de acolá é unha experiencia máxica única creada e dirixida por David Méndez. Cunha elixida escenografía e un ambiente máxico envolvente, o espectáculo é unha aventura emocionante que desafía os límites do que criamos posible.

 

O público mergúllase nun mundo de ilusión e sorpresa. A maxia desprégase ante os seus ollos con trucos que parecen desafiar as leis da física.

 

Galego

Da imaxinación á realidade

"Imposibles o Improbables" é un espectáculo de maxia fascinante e familiar que ofrece un viaxe a través do inverosímil e o extraordinario. Presentando grandes ilusións, maxia impactante e altamente visual, así como unha interacción activa coa audiencia, este espectáculo promete emocionar e asombrar a todos os presentes. Os espectadores serán levados a un mundo onde o imposible se fai realidade e o improbable se converte en certo diante dos seus ollos.

Galego

Magig Space

Inspirado nas sondas espaciais, Voyager I E II, lanzadas pola Nasa ao espazo en 1977 e o seu disco de ouro con mensaxes da Terra co obxectivo de que sexan descifrados por futuras civilizacións extraterrestres avanzadas, o astrofísico Carl Sagan seleccionou imaxes curiosas do noso planeta, saúdos en 52 idiomas, fórmulas… O Universo está cheo de misterios por descubrir, viaxes interestelares, buracos negros, a chegada a Marte, multiversos onde o tempo é relativo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia