Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A maxia da ciencia

José Antonio Godoy mostra como a maxia e a ciencia fúndense para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento.

Actividade poderosamente visual e didáctica sobre temas de química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos e sorprendentes, descubrimentos e inventos. Ademais, móstrache as perspectivas e posibilidades de ser un verdadeiro científico.

Para público familiar.

Entrada ata completar a capacidade do salón de actos.

Galego

Ilusionante

O ilusionista Pedro Volta presenta o seu show de maxia familiar ILUSIONANTE. Con todas as medidas de seguridade e hixiene, poderedes gozar de forma segura, cómoda e ampla dun espectáculo sorprendente en vivo e en directo. Porque temos que volver recuperar a ilusión. Non te perdas este show especial para vivir en familiar unha experiencia ILUSIONANTE no teatro.

Galego

O ritmo do camiño

Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida.

Os dous seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante.

Galego

Maxia Deluxe

Máxico Deluxe de Cayetano Lledó é un espectáculo de maxia adicado a público familiar. Con todo tipo de proezas incribles en clave de comedia, este espectáculo vaite sorprender. Cayetano Lledó ten participado en Festivais e congresos dentro e fora de Europa. Ten actuado coa súa máxia en teatros de todo o mundo (Canadá, Taiwán, China, Suiza, Francia, Inglaterra, Finlandia, Italia, Japón, etc) Neste espectáculo recolle unha escolma de técnicas inovadoras misturadas cos xogos de sempre para disfrutar en familia.

Galego

Experiencias

EXPERIENCIAS é un espectáculo que mestura o mundo do real e o dos soños. Grazas á proximidade que establezo co público desde o primeiro minuto créase un clima distendido e emotivo no que miles de sensacións e emocións flúen en todos os sentidos, fácendote vivir, en cada xogo, unha auténtica experiencia.

Galego

Degustación de imposibles

O ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth ofrece un espectáculo de maxia de rúa para todas os públicos. Unha proposta de 70 minutos de duración chea de asombro, humor e misterio que o mago mestura cun pouco de historia do ilusionismo. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador invitándoo a entrar nun mundo onde todo se presenta susceptible a ser transformado, onde nada é imposible.

Galego

Maxia, misterios e outras historias

Da man do ilusionista Óscar Fernández será posible entrar neste mundo, onde a maxia e o humor non deixarán indiferente a ninguén. Números clásicos reinventados para chegar a novos imposibles e sensacións únicas para toda a familia. O misterio non entende de idades, e tanto nenos como adultos vivirán por igual o misterio da maxia e descubirán que pode ser máis real do que pensamos.

Galego

A maxia da ciencia

José Antonio Godoy móstrache como a maxia e a ciencia fúndense para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento.

Actividade poderosamente visual e didáctica sobre temas de química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos e sorprendentes, descubrimentos e inventos. Ademais, móstrache as perspectivas e posibilidades de ser un verdadeiro científico.

Pública infantil a partir de 3 anos

Lugar: salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Duración: 50 minutos

Galego

Maxia de aquí e de acolá

Maxia de aquí e de acolá é unha experiencia máxica única creada e dirixida por David Méndez. Cunha elixida escenografía e un ambiente máxico envolvente, o espectáculo é unha aventura emocionante que desafía os límites do que criamos posible.

O público mergúllase nun mundo de ilusión e sorpresa. A maxia desprégase ante os seus ollos con trucos que parecen desafiar as leis da física.

Galego

Magic Mateo Show

“Magic Mateo Show” é un espectáculo de maxia familiar que busca tocar todas as ramas da arte do ilusionismo. Mestura maxia, humor e participación do público. Un espectáculo para gozar en familia e pasar momentos cheos de ilusión da man dun dos ilusionistas máis novos do panorama máxico galego. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia