Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mundo máxico. Galicia ilusiona

Espectáculo do Mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Maxia para todxs percorreu máis de 50 Concellos en 2020 e 2023. Agora muda (e mellora), pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. Máis efectos e máis impactantes e abraiantes, non deixará indiferente a ninguén teña 3 ou 108 anos.

Galego

Atemporal infantil

O Mago Charlangas invítanos a viaxar a través do tempo co seu espectáculo Atemporal, onde a maxia e o teatro mestúranse creando unha historia na que navegaremos pola nosa imaxinación.

Un número de ilusionismo co que gozaremos de xogos con cartas, bolas, moedas, billetes e máis sorpresas que nos farán pasar unha leda xornada chea de maxia.

Coñeceremos a un científico tolo e os seus incríbles experimentos para adentrarnos nunha viaxe co Pirata Barbanegra na busca de máxicos tesouros.

Galego

Un día diferente

Este martes teremos un espectáculo de maxia, " Un día diferente" do Mago Toño no que todo pode suceder.

Un día para deixar voar a imaxinación e ver que o imposible pode pasar. Ademáis poderemos ver aparicións, sorpresas, desaparicións, ilusiós ópticas, e predicciós, na que o público participa de maneira activa.

Actividades para nenas e nenos de 4 a 11 anos, para asistir precísase facer inscrición previa dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono 988 788385 / 386

Galego

Camiño do imposible

“Camiño do imposible” é un obradoiro de maxia para todos os públicos deseñado pola compañía Magia en la Manga no que aprenderemos sinxelos pero abraiantes trucos de maxia, todos eles ambientados en lendas, mitos e historias da tradición oral e literaria de Galicia, especialmente centradas arredor do Camiño Portugués.

Galego

Do maxín á realidade

Un espectáculo que nos leva a vivir unha experiencia única. A maxia e o fio conductor desta viaxe, que nos fai dubidar da realidade, das propias leis físicas que rixen o noso mundo,… entramos entón, da man do ilusionista, no mundo do maxín,  onde todo, ou case todo é posible.

Galego

O baúl do mago

Unha aventura máxica e unha experiencia innovadora sen precedentes que se desenvolve a bordo do BAÚL DO MAGO (unha caravana convertida nun auténtico Teatro Itinerante na procura de aventuras).

Onde a Maxia non só se ve, senón que se vive. As características do BAÚL DO MAGO conseguen que a interactividade e participación co espectáculo estean máis que aseguradas, pois a proximidade e interactuación co mago é unha constante durante o espectáculo. Trátase dunha experiencia irrepetible que se lembrará, probablemente, durante toda a vida.

Galego

A maxia do Mago Rafa

A Maxia do Mago Rafa é recoñecida nos seus máis de vinte anos de traxectoria artística pola súa maxia orixinal e o seu humor desenfadado, que se afasta da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común; humor, tenrura, unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián. Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".

Galego

Tin

Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de maxia, de humor, de clown, de inxenio. Onde nos podemso adentrar na mente dun coleccionista de chatarra, para descubir como pensa que usos lle pode dar a cousas que habitualmente non lle damos valor. É un espectáculo inventivo, onde a maxia muda de estética, de ritmo ou de motivación para sorprender co imposible.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia