Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Andaina Nocturna Solidaria "Un Raio de Luz"

Andaina nocturna solidaria de 3 km na que nos adentraremos en recunchos pouco coñecidos, simboloxía oculta e lugares con historia que moitas veces pasan desapercibidos... Un evento solidario enmarcado no programa Santiago en Vivo.
A camiñada estará guiada por un guía especializado que nos amosará eses espazos "raros" de Santiago —un xesto solidario en favor de Art for Dent, a asociación beneficiaria do evento, que loita por dar visibilidade á enfermidade de Dent, unha patoloxía rara que afecta ao funcionamento dos riles.
 

Galego

Contamaxias: maxia divertida

Actividade de animación a lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. 

O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os/as nenos/as. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender á cativada coas súas historias cheas de maxia a través dos contos. 

A maxia está nos contos. 

Duración: 50 minutos

Salón de actos

Publico familiar a partir de 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

 

 

Galego

As nosas letras

O Mago Teto celebra con nós o 2º aniversario!

Falaremos das nosas letras dende a maxia, porque ambas cousas están presentes de maneira extraordinaria na nosa biblioteca móbil.

Actividade aberta a todo o público.

Galego

A Maxia do Cinema

Entra o fascinante mundo da Cinemaxia.

Cada número de ilusionismo encarna un xénero cinematográfico diferente: dende a elegancia do cine de época ata a adrenalina das películas de acción, pasando pola fantasía, a ciencia ficción e o romance. Entre os actos máis impresionantes, o público verá cómo obxetos icónicos do cine cobran vida, personaxes clásicos aparecen da nada e esceas famosas transformanse en espectaculares ilusións.

Con efectos especiais e unha banda sonora que evoca a maxia dos clasicos do cine.

Galego

"J, K, W e Y": unha escolma de despropósitos

Se crías, despois de ler no google maps, que “Valle de Oro” era un desleixo á nosa cultura ou se pedir no restaurante “carne al caldero más un albarito” era estar á moda, agarda ouvir o que seleccionamos en:

“J, K, W e Y”.

Un espectáculo con mollo de antoloxía da actualidade lingüística: máxico e poético, unha desfeita etnográfica, unha escolla de ilusionismo, humor, participación e un abandono total da nosa historia.

Un renovado abecedario, cun alcouve de novos pensamentos por agromar no cedo, repousa nesta colleita escénica de irresponsabilidades.

Galego

Mil maxias máis

O Mago Antón presenta unha chea de xogos orixinais creados coa finalidade de facer que os espectadores lembren a importancia da palabra en galego. Cada sesión desenvolverase a bordo do Magomóbil, un vehículo deseñado expresamente para esta exhibición de ilusionismo e lingua.

En cada localización haberá varias funcións: 13:00 h, 17:00 h, 18:00 h, 19:00 h, 20:00 h

Galego

Un Nadal de conto: Acuarela

Unha viaxe polos diferentes elementos do ilusionismo: panos, cartas… se combinan maxistralmente con elementos sorpresa como malabares e monicreques para encher a biblioteca de maxia.

Duración: 45 minutos.

De 4 anos en adiante.

Inscrición previa dende o mércores 18 de decembro presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Maxia de aquí e de acolá

Maxia de aquí e de acolá é unha experiencia máxica única creada e dirixida por David Méndez. Cunha elixida escenografía e un ambiente máxico envolvente, o espectáculo é unha aventura emocionante que desafía os límites do que criamos posible.

 

O público mergúllase nun mundo de ilusión e sorpresa. A maxia desprégase ante os seus ollos con trucos que parecen desafiar as leis da física.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia