A maxia de Manuel María
Un espectáculo máxico, literario e vital, cargado de ilusións que navegan na poesía, narrativa,
teatro e ensaio, coas sorpresas da vida e obra de Manuel María.

Un espectáculo máxico, literario e vital, cargado de ilusións que navegan na poesía, narrativa,
teatro e ensaio, coas sorpresas da vida e obra de Manuel María.
O día 17 de maio do 1991, realizaba a miña primeira actuación pública.
25 anos despois desa data que para ben ou para mal marcou a miña vida sacamos da manga unha montaxe coas ilusións que maior impacto causaron no público dos distintos espectáculos producidos desde entón ata día de hoxe:
" A maxia dos soños", " Perto de ti", " Tolemaxias", " A maxia da Santa Compaña" , " O Afiador","Novas Tolemaxias","Os anos 80" e " A feira máxica".
Obra máxica-teatral que xira ao redor dunha roda de afiador dos anos 30, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa: Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Aneis que desaparecen para aparecer nos sitios mais insólitos, coitelos que poñen en perigo a vida dos espectadores…ademaís de ter a oportunidade de coñecer a “Leti”, a única serpe do mundo capaz de adiviñar cartas, e a Viscobich, un coello moi máxico. Istos son uns petiscos do espectáculo do Mago Teto, no que inclúe unha pantalla de catro por tres metros. O espectáculo remata cunha homenaxe a Houdini, o considerado 'Rei das evasións'.
O Mago Romarís preséntanos unha recopilación dos seus mellores números, algúns dos cales son de creación propia.
As ilusións ópticas son de natureza máxica pois a súa esencia é "os nosos ollos ven unha cousa e a nosa mente di outra completamente diferente".
O Mago Romarís busca amplificar o efecto que producen no espectador coas súas fabulosas presentacións sobre como chegaron a el estes incribles fenómenos.
Espectáculo de maxia para Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
O espectáculo desénvolvese no interior dunha caravana reconvertida nun Teatro, pero non nun Teatro calquera, probablemente, o TEATRO MÁIS PEQUENO DO MUNDO
Dicía Eduardo Galeano que estamos feitos de historias. Todo o que hai de certo nesa frase, convértese en verdade neste espectáculo.
Un Ilusionista non o é tan só pola maxia que mostra encima dun escenario, senón (sobre todo) por todo canto aprende polo camiño que o leva ata el. 'Historias dun Ilusionista' é unha seleccion de xogos que lle marcaron ao Maga Rafa e que agora el achega ao público.
Espectáculo de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
A maxia tamén forma parte das actividades de Cultura no Camiño, programa que percorre con espectáculos de teatro, musicais, danza e novo circo os concellos de rutas xacobeas.
Nesta ocasión, trátase do divertido e familiar número de Manuel Lamas, dirixido a todos os públicos.
Confirmar datas e horas nos concellos onde se desenvolve.
O mago Manuel Lamas presenta un divertido repertorio para un público familiar.
Espectáculo dentro da programación Cultura no Camiño.