A ferradura máxica
Obradoiro para que os nenos e nenas aprendan a construír os seus propios xogos de maxia, utilizando sempre materiais sinxelos de atopar ou de refugallo. Todos os materiais utilizados serán proporcionados dentro da carpa.
Obradoiro para que os nenos e nenas aprendan a construír os seus propios xogos de maxia, utilizando sempre materiais sinxelos de atopar ou de refugallo. Todos os materiais utilizados serán proporcionados dentro da carpa.
Este espectáculo está baseado na maxia infantil, no que O Mago Paco fai un percorrido polos seus mellores xogos de maxia cos que pretender sumerxir a todo o público no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e sorrisos.
Toda a acción discorre dentro dun taller no que se está a finalizar a construción dun boneco ao que se lle dá vida través da maxia e a tecnoloxía, a partir deste momento haberá unha serie de acontecementos máxicos e divertidos entre o boneco e o seu creador.
Unha escenificación máxica versátil e áxil que transmite habilidade e enxeño, empregando elementos cotiás e tradicionais, como un ovo, unha corda, unha mesa, froitas... elementos que poden emerxer da nada, esvaecerse, levitar ou mudar de forma.
Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos 30 herdada polo Mago Teto.
O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX e prácticamente extinguido no século XX, desprazábase centos ou miles de kilómetros por uns días ou por anos coa única compaña da sua roda.
Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo empregando elementos típicos dos afiadores como son coitelos, espadas, tesoiras, navallas e paraugas.
Duración: 55 minutos
Actuación de maxia do mago Richard que vén acompañada con elementos procedentes doutras artes escénicas. Así, hai unha importante presenza de fondos musicais, interaccións co público e momentos humorísticos, procedentes do mundo clown. Ademais, pódese gozar dunha arte afín á maxia: a globoflexia.
Carlos, "o da Belén", é un humilde mago de aldea que vai polas vilas sorprendendo coa súa empatía e o seu sentido do humor. A interacción co público, un ilusionismo sen montaxes espectaculares e grandes doses de retranca son a súa carta de presentación.
Duración: 90 min
Aneis que desaparecen para aparecer nos sitios mais insólitos, coitelos que poñen en perigo a vida dos espectadores…ademaís de ter a oportunidade de coñecer a “Leti”, a única serpe do mundo capaz de adiviñar cartas, e a Viscobich, un coello moi máxico. Istos son uns petiscos do espectáculo do Mago Teto, no que inclúe unha pantalla de catro por tres metros. O espectáculo remata cunha homenaxe a Houdini, o considerado 'Rei das evasións'.
O ilusionista Martín Camiña trae un teatro móbil cheo de asombros, ilusións, humor, participación, cordas, escapismo, mentalismo, panos, adiviñacións etc., que darán forma e esculpirán estes encantamentos de rúa.
Duración: 80 min
Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?, unha nova produción que supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas: o moneco Facundo, aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia… Máis dunha hora de espectáculo concibido para todo tipo de público no que se suceden a un ritmo trepidante ducias de orixinais xogos de maxia.
Dirección: Mago Antón