Maxia

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O neno que quería ser mago

Fantasía e maxia mestúranse para facer gozar aos nenos e nenas dun intre moi agradable, onde se intenta espertar o interese pola lectura nos rapaces transmitindo emocións que fai que os nenos e as ninas o vivan como reais.

O espectáculo ten formato de contacontos pero co valor engadido de estar ilustrado con maxia, xa que, ao longo do conto vanse sucedendo efectos máxicos relacionados coa historia que se está a contar.

Espectaculo para Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Maxia pola igualdade

ILUSIONISTA: Fani Triana

A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades.

Coma para todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar.

A ilusionista creará fantasías coa louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, demostrará o sexto sentido e a intuición feminina, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.

Galego

Fantasía dos sentidos

Fani Triana ofrece un espectáculo de maxia no que propón unha viaxe fabulosa a través dos sentidos.

Ilusións con cordas, cadeiras, xornais, líquidos, ...mentalismo, participacións dos espectadores, humor e moito máis.

Trátase dun espectáculo cun guión cargado de situacións inesperadas e unha montaña de sorpresas imprevisibles. Un espectáculo para ollar e gozar.

Actuación dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

O ritmo do camiño

Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida.
As dúas seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante.

Galego

Onde está o mago Antón?

Autor, director e elenco: Antón Rodríguez

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?.

 

Galego

Pasarrúas máxico

Espectáculo que percorrerá as rúas do pobo, conxurando a maxia e o circo para crear un mundo fantástico cheo de ilusións e sorrisos.

Dous magos acompañados de dous zancudos serán os encargados de marabillar o público que atopen o seu paso polas rúas e prazas. De tal xeito que todos seguirán este pasarrúas ata chegar a praza máxica, na que os dous magos realizarán un gran espectáculo conxunto.

Galego

Divermaxia

Actividade de dinamición a lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os nenos e nenas. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender coas suas hitorias cheas de maxia.

Espectáculo de maxia para o programa de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: De 3 a 12 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Maxia